Galicia
López Campos erixe a Rosalía de Castro como “símbolo lexítimo de Galicia” pola súa “influencia e referencia” no pensamento e disciplinas artísticas da comunidade
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, erixiu a figura de Rosalía de Castro como “símbolo lexítimo” de Galicia pola súa “ilimitada influencia e referencia no pensamento e disciplinas artísticas da Comunidade”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócanse axudas para a tradución de obras en galego a outras linguas
O DOG publicou a orde da convocatoria de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinadas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase o Libro branco da influencia responsable en galego
Lugo acolleu a presentación da edición en galego do Libro branco da influencia responsable e da ferramenta gratuíta Thinkfluencer, orientadas a promover prácticas máis éticas, transparentes e sustentables entre as persoas creadoras de contido. A iniciativa enmárcase no programa Dalle Like, que busca recoñecer o talento galego no ámbito dixital.
Fonte: Código Cero
Comeza unha nova edición do Correlingua que percorrerá Galicia ao longo do mes de maio
A 26ª edición do Correlingua arrincou en Santiago cunha xornada festiva baixo o lema «Co galego no corazón, facemos revolución». A iniciativa reunirá alumnado de toda Galicia nun percorrido que combinará actividades lúdicas, educativas e reivindicativas. Tras 26 anos de traxectoria, o Correlingua consolídase como unha das principais accións de promoción do uso social do galego entre as novas xeracións.
Fonte: Diario de Santiago
Unha manifestación percorrerá as rúas de Santiago o 17 de maio para reclamar a presenza do galego en todos os ámbitos
A plataforma Queremos Galego convocou para o Día das Letras Galegas unha manifestación en Santiago baixo o lema «O galego, lingua vital», coa que reivindicará a presenza normalizada da lingua en todos os ámbitos da vida cotiá. A marcha sairá da Alameda cara á Praza da Quintana e irá acompañada dunha campaña de apoio ao protocolo Lingua Vital, que reúne preto de 300 medidas para reforzar os dereitos lingüísticos.
Fonte: Galicia Confidencial
Un volume recolle a microtoponimia da parroquia do Viso en Redondela
O Concello de Redondela presentou o novo volume dedicado á microtoponimia do Viso, dentro dun proxecto que busca preservar a memoria lingüística e cultural das parroquias do municipio mediante a recollida dos nomes tradicionais transmitidos oralmente. A obra, elaborada por Teresa Monteagudo, será distribuída de balde entre a veciñanza para facilitar o acceso a este patrimonio común. A iniciativa continuará este ano con novos traballos en Chapela e Trasmañó, co obxectivo de completar o mapa toponímico municipal.
Fonte: Concello de Redondela
O Concello de Fene organiza un campus lingüístico para facilitar unha alternativa de lecer educativo en galego para o verán
O Concello de Fene organizará unha nova edición do campus lingüístico «Verán máis alá», unha proposta de lecer educativo en galego pensada para favorecer tamén a conciliación familiar e laboral. A actividade diríxese a alumnado de educación infantil e primaria, nado entre 2014 e 2022, e desenvolverase en dúas quincenas durante o mes de xullo de 2026.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García pon en valor “o interese da cativada pola nosa cultura e lingua” no concurso das Letras Galegas impulsado pola Xunta

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou o colexio público de Ribadavia onde felicitou ao grupo gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas 2026, que organiza a Xunta de Galicia “implicando á cativada e á comunidade escolar nun proxecto que fomenta o interese pola nosa cultura e a nosa lingua a través dunha efeméride tan destacada como as Letras”, apuntou.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta celebrará as probas para obter os certificados de lingua galega Celga entre o 23 de maio e o 6 xuño

A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia as datas para a realización dos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega e que se celebrarán entre o 23 de maio e o 6 de xuño en Santiago de Compostela, Ponferrada e, tras máis dunha década, volverán facerse tamén en Madrid.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na presentación do documental «Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul»

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no Teatro Principal compostelán na presentación do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul, unha película da Real Academia Galega apoiada pola Xunta de Galicia no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2026.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín