Galicia
Valentín García participa no acto de Nomeamento dos novos xuíces honorarios do Couto Mixto
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrada do Arcón da Memoria e o recoñecemento ás persoas e entidades que preservan o patrimonio deste territorio único, que acolleu a Igrexa de Santiago de Rubiás organizado pola Asociación de Amigos e Amigas do Couto Mixto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A música urbana en galego de 9Louro conquistará este xoves o ‘Atardecer no Gaiás’

O escenario de Atardecer no Gaiás terá esta semana como protagonista absoluto a 9Louro. O rapeiro de Muros actuará o xoves día 9 de xullo no ciclo de concertos gratuítos ao aire libre organizados pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta reforza a creación audiovisual en galego nunha nova convocatoria de axudas

A Xunta apoiará o desenvolvemento de 22 proxectos audiovisuais, entre longametraxes, documentais, curtametraxes, coproducións internacionais e unha serie, co propósito de fortalecer o sector en Galicia. A convocatoria destaca polo protagonismo do galego, xa que a práctica totalidade das obras susceptibles de rodárense nesta lingua contará con versión orixinal galega.
Fonte: Galicia Confidencial
A Deputación de Pontevedra convoca axudas para o impulso de actividades en galego por parte de entidades sen fins de lucro
A Deputación de Pontevedra destinará 150.000 euros a 61 entidades sen ánimo de lucro de 28 concellos da provincia para promover iniciativas de dinamización da lingua galega. As axudas permitirán impulsar proxectos relacionados coa toponimia, a creación audiovisual, o uso do galego no ámbito económico e actividades culturais e literarias, co obxectivo de reforzar a presenza social da lingua.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Entréganse os XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña
A Deputación entregou o XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua a Carlos Callón, á CTNL e aos proxectos A Gramola Gominola e Vitamina G polo seu compromiso coa promoción do galego. No acto, a deputada Sol Agra reivindicou o papel das institucións na normalización lingüística e defendeu a necesidade de acompañar a vontade social con políticas públicas, recursos económicos e iniciativas que favorezan o uso da lingua en todos os ámbitos.
Fonte: Deputación da Coruña
Comezan en Santiago os XXXVI Cursos Galego sen fronteiras

Os cursos “Galego sen fronteiras” comezaron en Santiago coa participación de 62 estudantes de dezaoito países de Europa, Asia e América. A iniciativa, impulsada pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, desenvolverase durante tres semanas na Facultade de Filosofía, onde se promove o intercambio cultural e a difusión internacional da lingua e da cultura galegas.
Fonte: Real Academia Galega
A plataforma Queremos Galego impulsará unha Iniciativa Lexislativa Popular para blindar a lingua galega e garantir os dereitos lingüísticos
A plataforma presentará en setembro unha Iniciativa Lexislativa Popular para blindar os dereitos lingüísticos e responder á situación de emerxencia do galego. A proposta reclamará derrogar o decreto 79/2010 e garantir o galego como lingua vehicular e de acollida no ensino. Tamén pedirá reforzar a oferta activa na administración, na xustiza e na sanidade, así como introducir cláusulas lingüísticas nos contratos públicos.
Fonte: Queremos Galego
Seis de cada dez libros editados en Galicia están en galego

O sector editorial galego edita arredor de 3000 títulos ao ano, dos que seis de cada dez están escritos en galego, segundo os datos manexados pola Consellería de Cultura. A actividade tamén gaña peso económico, cunha facturación de 27,6 millóns de euros, máis da metade procedente de obras publicadas na lingua propia. O bo momento do sector acompáñase dun incremento da lectura en galego, nun contexto no que o Goberno galego prepara novas actuacións dentro do Plan de Dinamización da Lectura.
Fonte: Faro de Vigo
Valentín García participa na presentación do Festival Abride a Fiestra

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do festival-xornada de portas abertas na Casa de Rosalía Abride a Fiestra, que organiza a Fundación Rosalía de Castro co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude o día 12 de xullo. Nel poderase gozar das participacións de De Vacas, Coro da Ra, Federico Pérez Rey, Cé Orquestra Pantasma, Manuel Rivas, Anxos Sumai, Pecha a Cansela, Pepe Barro, DJ Peter Sélek e Icía García, entre outras.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase un premio á mellor peza de oratoria en galego en homenaxe a Otero Pedrayo
A Fundación Otero Pedrayo e a Asociación de Amigos de Ramón Otero Pedrayo convocan o Premio de Oratoria «Orador do Ano Oteriano 2026 Ramón Otero Pedrayo». O certame, enmarcado nas actividades do Ano Oteriano, premiará pezas gravadas en galego e centradas no pensamento, na obra, na figura ou no legado cultural do autor.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín