Galicia
O Festaclown reúne en Vilagarcía circo de tres continentes nunha edición que reforza a súa dimensión internacional e inclusiva co apoio da Xunta
O Festaclown volve contar co apoio da Xunta de Galicia para converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión.
Fonte: Cultura de Galicia
Valentín García participa en Cee no acto conmemorativo do 30º aniversario do Batallón Literario da Costa da Morte
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Cee no acto conmemorativo do 30º aniversario do Batallón Literario da Costa da Morte, un grupo poético de renovación cultural, social e literaria constituído nesta localidade en maio de 1996 que tomou o seu nome do Batallón Literario de Santiago do s. XIX.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O actor Luís Iglesia recibe o premio Xosé Manuel Olveira “Pico”
O Observatorio do Teatro Galego concedeu o premio Xosé Manuel Olveira "Pico" ao actor Luís Iglesia polo seu labor escénico en relación coa oralidade galega, así como a súa coherencia e constancia na defensa da lingua galega.
Fonte: Cultura galega
Valentín García participa na entrega de premios do Torneo de Baloncesto 3x3 de Cangas
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega de premios da VI edición do Torneo de Baloncesto 3x3 de Cangas, no que participaron case 300 deportistas e 70 equipos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na presentación da L Festa da Empanada da Bandeira
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na rolda de prensa na que se deu a coñecer o cartel da L Festa da Empanada da Bandeira, que se celebrará do 20 ao 23 de agosto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta anuncia que apoiará o libro en galego ante a crise que sofre o sector
A Xunta amosou a súa disposición a intervir na crise do libro en galego tras a denuncia dun grupo de editoras polos impagamentos acumulados polo Consorcio Editorial Galego. As empresas advirten de que a débeda, iniciada en 2024, ameaza a continuidade de selos, empregos e catálogos, ademais de dificultar a distribución das obras.
Fonte: Galicia Confidencial
Denuncian un negocio de Vigo por discriminar unha clienta por falar en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística convocou o 4 de agosto unha concentración en Vigo contra a presunta discriminación sufrida por unha clienta galegofalante nun comercio K-Tuin. Segundo a denuncia, o persoal negoulle a posibilidade de expresarse en galego e dificultoulle o acceso á folla de reclamacións mediante actitudes intimidatorias.
Fonte: Nós Diario
A Xunta de Galicia asumirá o custo que supoñen as clases de galego no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres
A Xunta aceptou financiar durante o curso 2026/27 o salario e a residencia do profesorado de galego no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, mais condicionou a medida á sinatura dun convenio co Goberno central. O acordo deberá garantir por escrito a continuidade da materia, mentres o Ministerio procura unha fórmula estable para cubrir a praza a partir de 2027/28.
Fonte: Galicia Confidencial
A Deputación de Pontevedra apoia a proposta de actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega
O pleno da Deputación de Pontevedra apoiou a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega cos votos favorables do PP e do PSdeG, fronte á oposición do BNG. A moción avala a incorporación de novas medidas para estender o uso do galego no espazo público e reclama retomar o diálogo político co fin de acadar un consenso amplo en materia de política lingüística.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Xunta colabora con 300 000 € cunha trintena de proxectos didácticos en galego

A Xunta de Galicia colabora cun total de 27 proxectos didácticos en galego para niveis non universitarios a través dunha achega de 300 000 euros. Así se recolle no Diario Oficial de Galicia que acaba de publicar a resolución destas axudas, que na convocatoria deste ano rexistraron un incremento do 50 % respecto á partida de 2025, e que teñen como obxectivo fomentar a elaboración e publicación de recursos curriculares non universitarios na nosa lingua tanto en formato impreso ou dixital.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín