Galicia
Política Linguística e Emigración convocan cursos de lingua e cultura galegas para os residentes no exterior
As Secretarías Xerais de Emigración e Política Lingüística convocan cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural para os galegos residentes no exterior e para as persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Os alumnos galegos aprenden inglés a través de novas ferramentas multimedia
O LoloKarolo, consistente nunha ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes, e un dicionario de inglés interactivo achegan novos recursos a alumnado e profesorado.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócanse axudas para un sector audiovisual en galego
A Consellaría de Cultura e Deporte destina este ano un total de 2.700.000 euros en seis liñas de axuda ao sector audiovisual en galego, que xestiona por vez primeira a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Fonte: CTNL
Ábrese o prazo de solicitude de subvencións para a edición de materiais didácticos en lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.
Fonte: Xunta de Galicia
Entra en vigor a ordenanza de normalización lingüística do Concello de Cuntis
A ordenanza de normalización lingüística do Concello de Cuntis entrou en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP). O texto é xa definitivo ao non presentarse reclamación ningunha durante o prazo de exposición pública.
Fonte: La Voz de Galicia
O galego deixa de ser unha das linguas "en perigo" para a Unesco
O galego deixou de ser unha lingua "en risco". De feito, xa non figura na terceira edición do Atlas das Linguas en Perigo no Mundo, elaborado pola Organización da ONU para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).
Fonte: Galicia Hoxe
O presidente da Real Academia Galega quere potenciar o uso do galego fóra da escola
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro Fernández, avogou por aplicar a Lei de normalización lingüística de Galicia, que considera que non foi executada ata o momento, e por potenciar que os alumnos, que na actualidade teñen maiores competencias en galego, utilicen esta lingua unha vez saen de clase.
Fonte: Xornal.com
Galicia Bilingüe entrega 100.000 sinaturas pola liberdade lingüística
A asociación Galicia Bilingüe entregou no Rexistro Xeral da Xunta un total de 102.330 sinaturas recollidas pola agrupación a pé de rúa en apoio ás súas peticións, que pasan polo dereito dos cidadáns a elixir a lingua que utilizan e dos pais a escoller o idioma do ensino dos seus fillos.
Fonte: A Nosa Terra
Un documental recolle o traballo de normalización lingüística do Concello de Burela
A partir do traballo de planificación do IES Pedrouro, e partindo dunhas xa elevadas taxas de emprego do noso idioma, o Concello de Burela desenvolveu co apoio de todos os grupos políticos o Modelo Burela de convivencia lingüística. Agora, un documental amósanos a realidade deste lugar.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Nace unha web que recolle as novidades dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL)
O ENDL do CPI Aurelio M. Rei García de Cuntis vén de lanzar o Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha páxina que recolle as novidades relacionadas cos ENDL e a lingua.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín