Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha manifestación pola defensa do galego en Compostela
O anuncio de Feijóo de derrogar o decreto que promove o ensino en galego provoca a reacción inmediata da Mesa pola Normalización mediante a convocatoria dunha protesta na capital de Galicia no mes de maio, malia que os conservadores aínda non asumiron o poder.
Fonte: A Nosa Terra
Xa está dispoñible na rede a versión en probas do Atlas Mundial Galego
Xa está dispoñible na rede o Atlas Mundial Galego na súa versión en probas, onde se poderán consultar os exónimos e a súa adaptación ao galego.
Fonte: CTNL
Investigadores de fóra de Galicia poden solicitar xa bolsas de estadías para participar en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca bolsas de estadías destinadas a investigadores de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para que poidan colaborar nos proxectos de investigación que xa ten en marcha o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: Xunta de Galicia
Sae á luz unha edición bilingüe, en galego e xaponés, da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro
O poemario que marcou o inicio do Rexurdimento da literatura galega, Cantares Gallegos, acaba de ver a luz en forma dunha nova edición, en galego e xaponés, na que a tradución correu a cargo do lingüista e profesor universitario Takekazu Asaka.
Fonte: Xunta de Galicia
Nace Galeguizar Galicia, un portal de internet que aglutina diferentes organizacións que defenden a normalización do galego

Créase un novo portal de internet que aglutina diferentes organizacións que pretenden normalizar a situación do galego en diferentes ámbitos, moitos deles inéditos. O seu nome é Galeguizar Galicia.
Fonte: Vieiros
Marisol López avoga por estimular a diversidade lingüística para fortalecer a cohesión e a integración na Unión Europea
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, defendeu as “vantaxes” que reporta para a cohesión e a integración a diversidade lingüística e cultural e puxo a Unión Europea como exemplo dun “panorama en positivo de concordia, de defensa das singularidades e de reforzamento dos lazos comúns”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello da Cultura Galega pídelle a Feijóo que non recorte a promoción do galego
No seu primeiro acercamento ao sector cultural, Alberto Núñez Feijóo falou durante máis dunha hora coa executiva do organismo asesor e alí escoitou, sobre todo, unha reclamación: que as súas iniciativas en materia lingüística non se perciban como un retroceso na defensa do galego.
Fonte: El País
A Concellería de Normalización Lingüística da Coruña organiza obradoiros de Novas tecnoloxías e lingua
A Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña vai realizar cinco obradoiros de Novas tecnoloxías e lingua destinados ás persoas adultas desta cidade.
Fonte: SNL da Coruña
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pon en marcha o concurso da campaña "Dálle uso... á lingua"
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pon en marcha o concurso da campaña "Dálle uso... á lingua", cuxo prazo para presentar mensaxes rematará o luns 6 de abril de 2009.
Fonte: CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua proporalles ás administracións proxectos a prol do galego
A Asemblea Xeral da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acordou traballar co conxunto do movemento normalizador para renovar e actualizar o argumentario de defensa e promoción da lingua galega e para que o futuro goberno galego recúe nas súas anunciadas intencións de paralizar diversos proxectos de importancia para a normalización lingüística.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín