Galicia

Galicia sitúase á cabeza de España e Europa no número de seccións bilingües en centros de ensino

A conselleira de Educación sinalou que na Comunidade galega se desenvolven este curso 665 seccións bilingües en 190 centros, o que supón o dobre que o curso pasado.

Fonte: Xunta de Galicia

Desenvólvense novas accións de dinamización lingüística no concello de Marín

O Concello de Marín puxo en marcha no último trimestre de 2008 unha campaña de dinamización e normalización lingüística no municipio. Durante o primeiro trimestre de 2009 desenvolverase a segunda parte con accións de formación para os dous ámbitos principais, a administración e o comercio, e con novas accións de dinamización para toda a sociedade marinense.

Fonte: CTNL

O Concello de Marín envía «Garbanciño» aos nenos de tres anos para promover o uso do galego

Os 257 nenos de tres anos que figuran no padrón de Marín recibirán nos próximos días un exemplar do libro Garbanciño, co obxectivo de motivalos a que lean e falen o galego.

Fonte: La Voz de Galicia

O 2 de marzo comeza a circular en Vigo o Tren da Lingua

Caixanova organiza por noveno ano consecutivo o Tren Caixanova, unha iniciativa que ten por obxectivo a promoción do uso do galego entre os escolares e a utilización do transporte público ferroviario.

Fonte: Galicia Hoxe

Catorce vilas galegas acollerán durante esta primavera unha nova xeira dos Encontros dos Axóuxeres

Catorce vilas galegas acollerán a partir de marzo unha nova xeira dos Encontros dos Axóuxeres. Marín, Monforte de Lemos, Allariz, Porto do Son, Ribeira, Boiro, A Illa de Arousa, Cangas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Outes, A Estrada, Poio e Teo son os lugares elixidos para a realización destas sesións organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que teñen como principal obxectivo fomentar a transmisión do galego como lingua de uso habitual na familia.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello da Coruña convoca o I Torneo de Debate “Torrelingua”

A Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña convoca o I Torneo de Debate “Torrelingua”, que ten por obxecto difundir o galego entre os mozos e mozas.

Fonte: CTNL

Un script permite traducir automaticamente webs ao galego

Os usuarios do navegador Firefox poden ampliar as prestacións da aplicación con distintos engadidos, entre os que destaca Greasemonkey, que vén de aproveitarse para desenvolver un pequeno script que fai uso do tradutor de Google para poder ver o texto que teñamos seleccionado nunha páxina web automaticamente en galego.

Fonte: Código Cero

Máis de 1000 persoas visitaron en Sevilla a exposición "As nosas palabras, os nosos mundos", que viaxa agora a Lugo

Durante a súa estadía no Real Alcázar de Sevilla, a mostra suscitou o interese de numerosas persoas procedentes de diferentes lugares de España, así como do estranxeiro. A exposición abrirá as súas portas en Lugo o 23 de marzo e permanecerá nesta cidade ata o vindeiro 5 de abril.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística traballará para que o PP 'non desmantele a protección xurídica do galego'

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de anunciar que, tras a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións galegas, iniciará 'un traballo incansable' para que o PP 'non desmantele a protección xurídica' do galego.

Fonte: A Nosa Terra

Feijóo deixará que os pais elixan en que idioma escolarizan os seus fillos

Asegura que estenderá esa liberdade de elección ás materias con carácter troncal e aos libros de texto. Ademais, modificará as galescolas en favor dun modelo educativo de 0 a 3 anos que permita escoller castelán ou galego.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder