Mundo
A Unesco e a ICANN colaboran para impulsar a diversidade lingüística en internet

A Unesco e a Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números (ICANN, polas súas siglas en inglés) uniron forzas para fomentar a diversidade lingüística na rede, facilitando o acceso a contidos en diferentes idiomas e garantindo a preservación das linguas maternas no ámbito dixital.
Fonte: Central Charts
Angola recoñece a lingua portuguesa e as linguas nacionais nun paquete lexislativo inclusivo
O goberno de Angola aprobou un paquete lexislativo que recoñece a lingua portuguesa, as linguas angolanas de orixe africana, a lingua de signos angolana e o sistema braille como linguas do país. Esta iniciativa busca promover a equidade lingüística e fomentar unha política inclusiva que reflicta a diversidade cultural de Angola.
Fonte: Diário de Notícias
O goberno de Timor Leste aproba unha partida orzamentaria para promover a lingua portuguesa
O goberno de Timor Leste aproba un orzamento superior a 155 000 dólares destinado a promover a lingua portuguesa no país. Esta medida inclúe a difusión do portugués a través de medios de comunicación e a formación de profesionais.
Fonte: Observador
O galego, o catalán e o éuscaro xa poden usarse nos plenos do Comité Económico e Social Europeo

O Comité Económico e Social Europeo (CESE) aprobou o uso do galego, o catalán e o éuscaro nas súas sesións plenarias, equiparándose así ao Consello da UE e ao Comité Europeo das Rexións. O Goberno español celebra esta decisión e continúa impulsando a oficialización destas linguas na UE, proceso que require unanimidade dos 27 Estados membros. Tamén solicitou ao Parlamento Europeo que permita o seu uso nos plenos, pendente de aprobación.
Fonte: Press Digital
México introducirá gradualmente o ensino do náhuatl na educación secundaria
A Cidade de México anunciou que 78 escolas secundarias ofrecerán clases de náhuatl. Esta medida, que busca preservar as linguas indíxenas e o patrimonio cultural e lingüístico da sociedade mexicana, debería ser implementada no futuro en todo o país.
Fonte: El Ciudadano
Bielorrusia emprega intelixencia artificial para promover o idioma bielorruso
O director do Instituto de Lingüística Yakub Kolas da Academia Nacional de Ciencias de Bielorrusia informou de que o país eslavo está a utilizar tecnoloxías de intelixencia artificial para avanzar na lingüística e promover o uso do idioma bielorruso.
Fonte: TV Brics
Indíxenas miskitos de Nicaragua poderán solicitar refuxio en Costa Rica no seu idioma
As autoridades costarriqueñas implementaron un programa que permite aos indíxenas miskitos de Nicaragua solicitar refuxio en Costa Rica por medio da súa lingua materna. Esta iniciativa busca facilitar o proceso de asilo para esta comunidade, respectando e preservando a súa identidade cultural e lingüística.
Fonte: Swissinfo
A cidade de Bos Aires anuncia a incorporación do guaraní como materia no ensino primario
O alcalde de Bos Aires, Jorge Macri, anunciou que o guaraní será impartido nas escolas primarias da cidade. Este anuncio realizouse durante a inauguración do curso escolar 2025, tras unha reunión co presidente paraguaio, Santiago Peña. A medida busca recoñecer a conexión coa numerosa comunidade paraguaia en Bos Aires e promover a lingua dos seus devanceiros.
Fonte: MercoPress
O Brasil e Portugal comprométense a que o portugués se converta en lingua de traballo na ONU
O presidente do Brasil e o primeiro ministro de Portugal asinaron un acordo para que o Instituto Guimarães Rosa e o Instituto Camões asuman o compromiso de converter o portugués en lingua de traballo da ONU.
Fonte: Público
A Constitución da República de Cabo Verde será traducida ao crioulo caboverdiano
A Presidencia da República de Cabo Verde anunciou a tradución da Constitución da República á lingua caboverdiana, na variante de Santiago. O proxecto, presentado polo lingüista e escritor Manuel Veiga, conta co patrocinio do presidente José Maria Neves e será lanzado o 6 de marzo, no marco das celebracións do 50º aniversario da independencia nacional.
Fonte: Expresso das Ilhas
Boletín
Subscríbase ao boletín