Mundo
A rede internacional TvBrics lanza un programa para aprender ruso

A rede internacional TVBrics lanzou un novo proxecto de televisión destinado á aprendizaxe do ruso como lingua estranxeira, segundo indicou Prensa Latina.
Fonte: La Radio del Sur
Unha campaña promoverá a atención en lingua galesa no ámbito da saúde mental
A campaña Mind Cymru busca promover que os pacientes de saúde mental no País de Gales poidan recibir atención na súa lingua materna. Un estudo revela que moitos destes doentes teñen dificultades para se expresaren en galés ao accederen aos servizos sanitarios, o que pode afectar a calidade da súa atención.
Fonte: North Wales Pioneer
A lingua irlandesa estará presente na sinalización da estación central de Belfast
A ministra de Infraestruturas de Irlanda do Norte, Liz Kimmins, anunciou que a lingua irlandesa aparecerá na sinalización física da Grand Central Station de Belfast e nas máquinas de billetes.
Fonte: Department of Infrastruture
Andorra únese á petición para que o catalán se converta en lingua oficial na UE
Andorra sumouse á petición de Cataluña para que o catalán sexa recoñecido como lingua oficial da Unión Europea. Esta medida permitiría integrar máis facilmente a normativa comunitaria na lexislación andorrana, eliminando a necesidade de traducións desde outras linguas oficiais da UE.
Fonte: El Nacional
A UE reforza a diversidade lingüística na IA con novas iniciativas
A Comisión Europea presentou o Consorcio de Infraestrutura Dixital Europea da Alianza para as Tecnoloxías da Linguaxe (ALT-EDIC) e o Espazo de Datos Lingüísticos (LDS), dúas iniciativas clave para abordar a escaseza de datos lingüísticos en Europa. O seu obxectivo é facilitar o adestramento de modelos de intelixencia artificial multilingües, reforzando así a diversidade lingüística e a soberanía tecnolóxica da Unión Europea.
Fonte: eSMARTCITY
A China lanza unha plataforma global de servizos lingüísticos
A China lanzou unha nova plataforma global para facilitar a aprendizaxe de idiomas en todo o mundo. A iniciativa foi presentada no Foro para a Reforma e o Desenvolvemento da Educación en Linguas Estranxeiras nas institucións de educación superior. O proxecto busca mellorar o ensino de idiomas estranxeiros nas universidades.
Fonte: TV Bricks
Malí, Níxer e Burkina Faso abandonan a Organización Internacional da Francofonía
Os gobernos de Malí, Níxer e Burkina Faso anunciaron a súa retirada da Organización Internacional da Francofonía (OIF), incrementando o seu afastamento progresivo da influencia francesa no Sahel. Porén, a saída destes países da OIF non será inmediata. A retirada farase efectiva nun prazo de seis meses, período no que poderían producirse negociacións ou reaxustes nas relacións entre as partes.
Fonte: RFI
O mundo celebra o Día Internacional da Francofonía

O 20 de marzo conmemórase o Día Internacional da Francofonía, establecido en 1988 pola Organización Internacional da Francofonía (OIF). Esta data honra a sinatura da Convención de Niamey en 1970, que marcou o inicio da cooperación entre países de fala francesa. A celebración destaca a diversidade cultural e lingüística dos máis de 320 millóns de francófonos en todo o mundo.
Fonte: RFI
Inaugúrase a primeira exposición en Irlanda do Norte sobre a lingua irlandesa
A exposición Mná na hAthbheochana no Public Record Office of Northern Ireland (PRONI) destaca o papel das mulleres na revitalización da lingua irlandesa no norte de Irlanda.
Fonte: BBC
Unha colaboración do Instituto Confucio permitirá a introdución do chinés no ensino de Mozambique
O Instituto Confucio da Universidade Eduardo Mondlane, a maior universidade de Mozambique, asinou un memorando de entendemento con dúas escolas secundarias locais para promover o ensino da lingua chinesa no país.
Fonte: Portuguese People
Boletín
Subscríbase ao boletín