País Vasco

Publícase unha guía de produtos en éuscaro dirixida á poboación infantil

Euskaragida 2025 é unha guía que reúne as últimas novidades en produtos infantís en éuscaro (libros, cómics, xogos, música ou contidos dixitais) organizadas por categorías e por tramos de idade para facilitar a elección das familias. A publicación distribuirase entre o alumnado de infantil e primaria de Donostia grazas á colaboración dos centros educativos, ademais de estar dispoñible en librerías, bibliotecas e espazos culturais.

Fonte: Donostiako Udala

País Vasco

Habilítanse dúas novas vías para acreditar perfís lingüísticos de éuscaro no sector público

O Goberno vasco aprobou dúas novas vías, máis simples e adaptadas á práctica diaria, para acreditar os perfís lingüísticos na administración pública: demostrar o uso efectivo do éuscaro no propio posto e superar o proceso selectivo integramente en éuscaro. Estas opcións súmanse ás xa vixentes e amplían as posibilidades de obtención da acreditación.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O primeiro encontro do proxecto de fomento do éuscaro LANERA reúne 125 axentes municipais e económicos

O Goberno vasco celebrou o primeiro encontro público de LANERA, un proxecto destinado a reforzar a presenza do éuscaro no ámbito socioeconómico. No encontro participaron arredor de 125 representantes municipais e de axencias de desenvolvemento, que coincidiron en destacar o potencial do éuscaro neste sector. A intervención de diversas autoridades locais subliñou a importancia de avanzar cara a unha implantación efectiva da lingua nos espazos produtivos do territorio.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Goberno vasco lanza dúas convocatorias de axudas para impulsar proxectos de comunicación en éuscaro

O Goberno vasco aprobará dúas convocatorias de axudas destinadas a reforzar proxectos comunicativos en éuscaro, cun investimento total de 804 000 euros. A principal liña, dotada con 554 000 euros, apoiará a consolidación e expansión de publicacións impresas integramente en éuscaro, nunha aposta decidida por fortalecer os medios que utilizan esta lingua.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Unha organización a prol da normalización do éuscaro convoca unha gran mobilización polo futuro desta lingua

A entidade Euskalgintzaren Kontseilua, que agrupa as principais asociacións e axentes que traballan a prol da normalización do éuscaro, convocou unha mobilización masiva en Bilbao o vindeiro 27 de decembro para dar un novo impulso social á lingua vernácula.

Fonte: Mediabask

País Vasco

A promoción do éuscaro nos orzamentos da Deputación de Biscaia aumentará un 4,2 % en 2026

O Departamento de Éuscaro, Cultura e Deportes da Deputación Foral de Biscaia presentou os orzamentos para 2026, que medrarán un 4,2 % respecto ao ano anterior. As prioridades inclúen a reactivación do éuscaro, o fomento da cultura e a promoción do talento local, así como o impulso do deporte en todas as idades.

Fonte: Bizkaia

País Vasco

O Concello de Bilbao impulsa un plan para reforzar o uso do éuscaro na cidade

O Plan Estratéxico AROA 2025-2035 ten como obxectivo fortalecer o uso do éuscaro tanto na Administración como na vida cotiá da cidade. O plan inclúe medidas para mellorar a transmisión familiar do idioma, facilitar novas oportunidades de aprendizaxe, potenciar a expresividade infantil e xuvenil, e fomentar o uso desta lingua no ocio, no deporte e no ámbito socioeconómico.

Fonte: Bilboko Udala

País Vasco

Valentín García traslada a importancia de que "os programas de xestión do Estado atendan á realidade plurilingüe"

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Donostia na constitución do novo Consejo de las Lenguas Oficiales, órgano estatal de seguimento en materia de política lingüística que substitúe ao anterior incorporando, entre outras novidades, como membros de pleno dereito aos representantes das comunidades autónomas con linguas oficiais: Galicia, País Vasco, Cataluña, Comunidade Foral de Navarra, Comunidade Valenciana e Illas Baleares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

País Vasco

Valentín García pon en valor “os avances da Xunta para intensificar a presenza do galego no eido dixital”

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Donostia nunha xornada dedicada ao impulso das linguas oficiais do Estado na intelixencia artificial, tras formar parte, xunto cos seus homólogos do País Vasco, Cataluña, Navarra, Comunidade Valenciana e Illas Baleares, na constitución do novo Consejo de las Lenguas Oficiales, órgano estatal de seguimento en materia de política lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

País Vasco

O concurso de trivial Gurot impulsará o uso do éuscaro entre a mocidade de Durangaldea

A Mancomunidade de Durangaldea impulsa unha nova edición do concurso Gurot, destinado á mocidade de 12 a 18 anos para fomentar o uso do éuscaro dun xeito lúdico e educativo. Este ano o certame preséntase en formato de microconcursos individuais, que se celebrarán os xoves de novembro.

Fonte: Durangoko Udala

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder