País Vasco

A promoción do éuscaro nos orzamentos da Deputación de Biscaia aumentará un 4,2 % en 2026

O Departamento de Éuscaro, Cultura e Deportes da Deputación Foral de Biscaia presentou os orzamentos para 2026, que medrarán un 4,2 % respecto ao ano anterior. As prioridades inclúen a reactivación do éuscaro, o fomento da cultura e a promoción do talento local, así como o impulso do deporte en todas as idades.

Fonte: Bizkaia

País Vasco

O Concello de Bilbao impulsa un plan para reforzar o uso do éuscaro na cidade

O Plan Estratéxico AROA 2025-2035 ten como obxectivo fortalecer o uso do éuscaro tanto na Administración como na vida cotiá da cidade. O plan inclúe medidas para mellorar a transmisión familiar do idioma, facilitar novas oportunidades de aprendizaxe, potenciar a expresividade infantil e xuvenil, e fomentar o uso desta lingua no ocio, no deporte e no ámbito socioeconómico.

Fonte: Bilboko Udala

País Vasco

Valentín García traslada a importancia de que "os programas de xestión do Estado atendan á realidade plurilingüe"

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Donostia na constitución do novo Consejo de las Lenguas Oficiales, órgano estatal de seguimento en materia de política lingüística que substitúe ao anterior incorporando, entre outras novidades, como membros de pleno dereito aos representantes das comunidades autónomas con linguas oficiais: Galicia, País Vasco, Cataluña, Comunidade Foral de Navarra, Comunidade Valenciana e Illas Baleares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

País Vasco

Valentín García pon en valor “os avances da Xunta para intensificar a presenza do galego no eido dixital”

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Donostia nunha xornada dedicada ao impulso das linguas oficiais do Estado na intelixencia artificial, tras formar parte, xunto cos seus homólogos do País Vasco, Cataluña, Navarra, Comunidade Valenciana e Illas Baleares, na constitución do novo Consejo de las Lenguas Oficiales, órgano estatal de seguimento en materia de política lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

País Vasco

O concurso de trivial Gurot impulsará o uso do éuscaro entre a mocidade de Durangaldea

A Mancomunidade de Durangaldea impulsa unha nova edición do concurso Gurot, destinado á mocidade de 12 a 18 anos para fomentar o uso do éuscaro dun xeito lúdico e educativo. Este ano o certame preséntase en formato de microconcursos individuais, que se celebrarán os xoves de novembro.

Fonte: Durangoko Udala

País Vasco

Alertan da escasa presenza do éuscaro nos contidos audiovisuais

A asociación Pantailak Euskaraz alertou no Parlamento Vasco da escasísima presenza do éuscaro no cinema e nas plataformas de streaming, onde apenas o 1 % das proxeccións e contidos están nesta lingua. A entidade considera que esta situación prexudica o uso e a calidade do idioma entre a mocidade e reclama máis recursos para producións propias e dobraxes, un marco legal específico e a creación dun consello audiovisual vasco. Tamén propón campañas institucionais que animen a consumir contido en éuscaro e visibilicen os novos subtitulados e dobrados. 

Fonte: El Diario

País Vasco

A asociación de farmacéuticos euscaldúns organiza unha xornada para mostrar o seu compromiso co éuscaro

A asociación de farmacéuticos euscaldúns (FEUSE) celebra o seu 30 aniversario na Facultade de Farmacia da Universidade do País Vasco coa xornada «Asteazken Kulturala». O acto combinará a presentación da traxectoria da asociación, unha charla sobre intelixencia artificial aplicada á sanidade e unha mesa redonda sobre a relevancia do éuscaro no ámbito farmacéutico. O obxectivo é reforzar o compromiso coa lingua e a profesión, achegar a asociación ao alumnado e fomentar a participación interxeracional dos profesionais euscaldúns.

Fonte: Zaragoza 24

País Vasco

O Goberno vasco aproba varios convenios para impulsar a aprendizaxe e o uso do éuscaro na Administración

O Consello de Goberno aprobou convenios de colaboración entre o Instituto Vasco de Administración Pública (IVAP) e as Xuntas Xerais de Áraba, así como co Concello de Igorre, para fortalecer a formación e normalización do éuscaro no sector público. Estes acordos permitirán ofrecer cursos de euscaldunización e alfabetización lingüística ao persoal público, facilitando a súa participación e mellorando a capacitación nesta lingua.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

EITB estrea un microespazo televisivo para aprender éuscaro

EITB incorpora á súa programación o espazo Ingura, que constará de vídeos para facilitar a aprendizaxe do éuscaro a persoas adultas con contidos de niveis A1 e A2. O formato combina dramatizacións curtas de situacións cotiás con vídeos explicativos presentados por coñecidas persoas da comunicación vasca.

Fonte: EITB

País Vasco

O Concello de Deba pon en marcha un proxecto cultural para fomentar o éuscaro e a transmisión cultural

O programa cultural ISPILU(h)ARI ten como obxectivo de promover o uso do éuscaro e fortalecer a identidade cultural local. As actividades, que se celebrarán o terceiro fin de semana de cada mes, abranguen teatro, música, poesía e danza, e están dirixidas a todas as idades. O programa busca crear un espazo de encontro, creatividade e participación cidadá e ofrecer a oportunidade de gozar, aprender e vivir a cultura vasca de maneira inclusiva e artística.

Fonte: Debako Udala

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder