Destacada

O Observatorio da Lingua Galega publica na súa web os resultados de dúas novas observacións

Xa se poden consultar na páxina web do Observatorio da Lingua Galega os informes relativos a dous novos ámbitos de observación: o de internet e o dos organismos de intermediación. O primeiro deles ofrece datos sobre a situación da lingua galega nas páxinas web e nos blogs, mentres que no segundo aparecen os referidos ao galego nas notarías, os despachos de avogados/as e os servizos de asesoramento e xestión (xestorías, asesorías, auditorías e consultorías).
Para máis información sobre estes traballos consulte os seguintes enderezos:
http://develop.sixtema.es/vhosts/w_obslin/html/redirect-new/node/3442
http://develop.sixtema.es/vhosts/w_obslin/html/redirect-new/node/3444

O espazo Ben falado! da Televisión de Galicia dedícalle un programa ao Observatorio da Lingua Galega

O pasado xoves 2 de abril o programa televisivo Ben falado!, microespazo de cinco minutos diarios dedicados ao galego e presentado por Xesús Ferro Ruibal, estivo protagonizado polo Observatorio da Lingua Galega.

Pode ver o programa no seguinte enderezo web:
http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=456

A Fundación Nacional do Indio de Brasil lanza un programa de documentación de linguas indíxenas

A Fundación Nacional do Indio (Funai) lanzou en Brasilia o programa de Documentación de Linguas e Culturas Indíxenas Brasileiras. O obxectivo da iniciativa é fortalecer cerca de 20 linguas nativas que están correndo o risco de desaparecer.

Fonte: ComuniWeb

Un xogo interactivo permite practicar o éuscaro e coñecer San Sebastián

O Padroado Municipal de Éuscaro de San Sebastián puxo en marcha un novo xogo de "trivial interactivo" para todos os públicos que permite practicar o éuscaro e coñecer mellor as características da capital guipuscoana.

Fonte: Diario Vasco

Os cidadáns poderán dirixirse ao Tribunal de Xustiza da UE en catalán, éuscaro e galego

Os cidadáns poderán dirixirse en catalán, éuscaro e galego ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE) a partir do luns 27 de abril, cando o secretario de Estado para a UE, Diego López Garrido, asine un memorando para o uso das linguas oficiais en España no citado tribunal en Luxemburgo.

Fonte: Europa Press

A Comisión Europea valora para a candidatura de San Sebastián a Capital Europea da Cultura en 2016 a súa riqueza lingüística

A riqueza lingüística de San Sebastián será unha das súas bazas como candidata a Capital Europea da Cultura en 2016, segundo resaltaron fontes da Comisión Europea (CE) tras a presentación desta iniciativa, que pretende representar a todo o territorio vasco, desde Bayona ata Bilbao.

Fonte: Diario Vasco

O Consello da Xunta de Galicia nomea a Anxo M. Lorenzo Suárez como responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística

O Consello da Xunta celebrado hoxe aprobou o nomeamento como novo secretario xeral de Política Lingüística de Anxo M. Lorenzo Suárez, profesor titular do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo.

Referencia ao Consello da Xunta do 14 de maio

Un estudo afirma que o catalán avanza nos terminais móbiles, pero pouco nas compañías operadoras

A Plataforma per la Llengua recolle no estudo 'El català a la telefonia mòbil' que o catalán está cada vez máis presente no sector da telefonía móbil, aínda que con destacables diferenzas entre os fabricantes de terminais e as compañías operadoras.

Fonte: Europa Press

A lingua portuguesa supón o 17 % do PIB de Portugal

As industrias e os servizos en que a lingua portuguesa é un elemento clave representan o 17 % do produto interior bruto (PIB) de Portugal. Esta é a primeira conclusión do estudo "O Valor Económico da Língua", encomendado polo Instituto Camões a un equipo de investigadores do Instituto Superior de Ciencias do Traballo e da Empresa (ISCTE).

Fonte: Jornalismo PortoNet

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia planea repartir as materias troncais entre galego e castelán

A reforma do decreto do galego no ensino que prometeu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comeza a tomar forma. O borrador do texto que a Consellería de Educación empezará a negociar co resto de forzas parlamentarias a partir de setembro incluirá a proposta de impartir o 50 % das materias troncais en galego e a outra metade, en castelán.

Fonte: El País

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder