Destacada

A Xunta participa en Valencia nos encontros da Asemblea da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Valencia nos encontros da Asemblea Xeral anual da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD), da que a Xunta de Galicia, representada na súa Vicepresidencia, é membro de pleno dereito desde o ano 2008.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A exposición ‘María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes’ viaxa á biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés

A mostra "María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes", o proxecto expositivo itinerante co que a Xunta de Galicia lle rende tributo á autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018, chega á Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Logo de seu paso pola capital de Galicia e por Pontevedra, a exposición permanecerá na cidade herculina ata o 11 de xuño, para despois continuar a súa viaxe polas catro provincias galegas, con paradas en Vigo, Lugo, Ourense, Ferrol, Sanxenxo, Ordes, Vilalba e Celanova ata finais de ano.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A función normalizadora do galego é competencia compartida pola Xunta e pola Administración local

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presentaron o novo informe da Xunta de Galicia sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia, un novo texto que ten por obxectivo aclarar calquera dúbida sobre duplicidade de competencias e forma na que pode incidir a lexislación vixente en materia lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política Lingüística convoca prazas nos lectorados de Oxford, País Vasco, París e San Paulo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou a través do Diario Oficial de Galicia (DOG nº 99 do 25 de maio) catro prazas noutros tanto lectorados de lingua, literatura e cultura galegas da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta. Trátase de dúas prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades do País Vasco e de Oxford (Reino Unido) e doutras dúas bolsas de formación nos lectorados de París (Francia) e San Paulo (Brasil).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xunta, Parlamento e Concello conmemoran o 35º aniversario da Lei de normalización lingüística en Redondela

A Xunta de Galicia, o Parlamento e o Concello de Redondela celebraron un acto conxunto para conmemorar o 35º aniversario da aprobación da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística, por unanimidade da Cámara galega. Un acto que acolleu o concello pontevedrés, que conta co servizo lingüístico decano de Galicia, en funcionamento ininterrompido desde hai 36 anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder