Destacada

O Ramón Piñeiro conmemora os seus vinte e cinco anos en activo

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) conmemorará neste 2018 os seus 25 anos en activo cun programa de actos que se desenvolverán de marzo a novembro na súa sede e que, por medio de cinco xornadas temáticas, darán a coñecer a súa historia, a transcendencia dos seus estudos lingüísticos e literarios e a súa centralidade no eido da investigación en humanidades, acreditada nos legados dos que é depositario.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Piñeiro abre os actos conmemorativos do seu 25º aniversario cunha conferencia de Darío Villanueva

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) abriu a conmemoración dos seus 25 anos de actividade, cunha conferencia do actual presidente da Real Academia Española (RAE) e, no seu día, primeiro director técnico da área de literatura deste centro de investigación adscrito á Xunta de Galicia, Darío Villanueva.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta presenta o novo curso en liña preparatorio do Celga 4

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira Álvarez, presentaron o novo curso en liña preparatorio para a obtención do certificado de lingua galega Celga 4, que este ano realizarán por primeira vez a través da rede un total de 420 persoas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Festival Internacional Kerouac fala galego en Nova York do 3 ao 8 de abril

O Festival Internacional Kerouac Nova York falará galego na terceira edición que se desenvolve do 3 ao 8 de abril e que consolidará este evento no que a poesía toma as rúas para mesturarse con outras artes, nomeadamente coa música e coa performance, nunha exposición dinámica e moderna da expresión poética.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Este venres remata o prazo de inscrición nas probas de acreditación do Celga 2018

Este venres, 13 de abril, remata o prazo de inscrición nas probas oficiais de acreditación do Celga 2018 convocadas pola Xunta de Galicia mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta aprobará este ano o primeiro Plan de dinamización da lingua galega na xuventude

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; presentaron o documento marco do que vai ser o primeiro Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, en palabras do responsable do departamento educativo da Xunta de Galicia, “o tronco sobre o que imos traballar Xunta de Galicia e sectores máis directamente implicados”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A exposición ‘Paisaxes e personaxes’, antesala do 17 de maio en homenaxe a María Victoria Moreno

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle ata o vindeiro 9 de maio a mostra "María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes". Trátase da primeira parada do proxecto expositivo itinerante co que a Xunta de Galicia lle rende tributo a María Victoria Moreno, autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018, e lle achega á cidadanía a súa figura, vida e obra.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Máis de 1000 estudantes de toda Galicia improvisan versos en galego na III edición da Regueifesta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou os máis de 1000 estudantes chegados de 30 centros de toda Galicia para participaren na III edición da Regueifesta, un encontro destinado a impulsar a improvisación oral en verso como motor de normalización lingüística entre a xente nova, visibilizar a música galega como ferramenta educativa e de ocio e renovar o mundo da regueifa desde valores de igualdade de xénero e de xustiza social.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A alcaldesa de París gaña o I Premio Lorca, Guerra da Cal e Blanco Amor

A alcaldesa de París, Anne Hidalgo, impúxose aos outros dous finalistas do I Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor -os alcaldes de Los Ángeles, Eric Garcetti, e de Palermo, Leoluca Orlando-, convocado polo Casino de Santiago en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta homenaxea a María Victoria Moreno o 17 de maio en Pontevedra con música e poesía

O día grande das Letras Galegas, o 17 de maio, a Xunta de Galicia renderalle homenaxe a María Victoria Moreno cun acto institucional que terá lugar no IES Torrente Ballester de Pontevedra, onde a escritora exerceu a docencia durante anos e ata a súa xubilación.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder