Destacada

O Certame de Cinema OUFF Escola entrega os premios da súa oitava edición en Ourense

O Certame de Cinema OUFF Escola entregou os premios da súa VIII edición na cidade de Ourense, nunha gala que se celebrou no Auditorio Municipal e na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O certame Vindevídeos difundirá a literatura trobadoresca galega entre o estudantado

O certame Vindevídeos actualizará e difundirá entre o estudantado a literatura trobadoresca galega, no marco da programación conmemorativa que a Consellería de Cultura pon en marcha co gallo da estadía en Galicia do Pergamiño Vindel. Así o deron a coñecer os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, na rolda de prensa na que presentaron o novo certame escolar, co que se quere acompañar a presenza en Galicia do Pergamiño Vindel e fomentar o coñecemento, tanto deste tesouro, como de toda a literatura medieval galega.

Fonte: Cultura de Galicia

O Centro Ramón Piñeiro presenta o novo CORGA 3.0

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a nova versión ampliada do Corpus Documental do Galego Actual (CORGA 3.0), unha ferramenta lingüística en liña desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), e representativa do uso lingüístico do galego actual, que incorpora 36,8 millóns de palabras, das que 570 000 son formas diferentes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta participa en Bruxelas na conferencia de alto nivel sobre os retos actuais das linguas minoritarias

A Xunta de Galicia, membro de pleno dereito da Rede Europea para Promover a Diversidade Lingüística (NPLD, nas súas siglas en inglés), participou en Bruxelas na conferencia de alto nivel ‘Os retos actuais das linguas minoritarias das complexas sociedades de hoxe’, organizada por esta entidade e polo Centre Maurits Coppieters.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Increméntase en máis dun cento o alumnado de galego no Bierzo e en Sanabria

A comisión de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria, asinado polos gobernos galego e castelán leonés no ano 2001, deu conta dun incremento de máis dun cento de alumnos e alumnas en centros de ensino infantil e primario de León e Zamora. Así, o programa computa, neste curso escolar 2017-2018, un total de 1101 estudantes matriculados, fronte aos 980 do anterior.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

'Nun mar azul' pon en valor a diversidade lingüística e funcional

O novo videoclip 'Nun mar azul', promovido pola Asociación Familias Azuis coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon en valor a diversidade lingüística e funcional, con motivo de concienciar a cidadanía sobre o autismo coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o domingo 3 de decembro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

‘Nadal + Galego’ anima a consumir estas festas produtos etiquetados na lingua propia de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Pazo de San Roque o vídeo ‘Nadal + Galego’, creado polo Foro Enrique Peinador coa colaboración da Xunta de Galicia para animar a cidadanía a consumir produtos etiquetados na nosa lingua nas próximas festas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Elixio Rivas dóalle ao Centro Ramón Piñeiro valiosos materiais de lingüística e etnografía

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acolle unha importante parte dos materiais científicos manexados polo profesor Elixio Rivas para a elaboración dos seus traballos de onomástica, etimoloxía e etnolingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ponse en marcha un concurso popular en Internet para elixir o Neoloxismo do Ano 2017

O propósito desta iniciativa é escoller unha palabra dunha listaxe cos neoloxismos xurdidos ou popularizados neste ano 2017. Trátase de termos ausentes no Dicionario da Real Academia Galega, como é o caso de Samaín, velutin, empoderamento, brigadista, transfobia ou eucaliptización.

Fonte: Galicia Confidencial

A exposición do Pergamiño Vindel foi visitada por máis de 23.000 persoas en dous meses

A exposición “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas” que contén as sete cantigas de amigo do xograr Martín Códax escritas a finais do século XIII, recibiu máis de 23.000 visitas nos dous meses que leva aberta ao público no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder