Destacada
Román Rodríguez gaba a figura de Cruz Gallástegui como dinamizador da ciencia en galego e da economía rural

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, gabou a figura do sobranceiro enxeñeiro agrónomo e veterinario Cruz Ángel Gallástegui Unamuno como un dos principais dinamizadores da ciencia en galego –desde a súa faceta de divulgador e como colaborador das principais institucións da lingua propia– e da economía vinculada ao medio rural en Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Educación e 'Ponte nas ondas' promoven o intercambio lingüístico galego-portugués con obradoiros de radio dixital

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas ondas! colaborarán unha vez máis para promover o intercambio lingüístico galego-portugués entre centros de ensino da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Servizo Gaio da Xunta traduciu xa máis de 250 millóns de palabras

O servizo de tradución Gaio leva traducidas 250 millóns de palabras desde setembro de 2015, cando a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron á disposición da cidadanía esta ferramenta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As tres universidades galegas e mais once concellos impulsan o concurso Youtubeir@s para encher a rede de vídeos en galego

Once concellos galegos (A Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove) en colaboración coas tres universidades de Galicia presentaron o proxecto Youtubeir@s. Trátase dun concurso que ten como obxectivo incrementar a presenza de vídeos en galego na rede, a través da canle YouTube.
Fonte: Culuragalega
A publicación anual “Cumieira” da Universidade de Vigo divulgará os mellores traballos do alumnado relacionados co galego

A Universidade de Vigo lanza esta publicación co obxectivo de dar a coñecer os traballos dos investigadores universitarios no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios en galego.
Fonte: Universidade de Vigo
A Rede de Dinamización convida a celebrar o Nadal en galego con actividades en cincuenta concellos

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia convida a celebrar o Nadal en galego cun novo programa que inclúe unha axenda de cincuenta actividades de dinamización lingüística noutros tantos concellos, no marco da quinta edición do programa ‘Nadal en Rede’ que presentou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez destaca o labor de Xesús Ferro Ruibal a prol da dignificación da lingua galega

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na homenaxe ao profesor, investigador, académico, teólogo, escritor e divulgador Xesús Ferro Ruibal, promovida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP), ao que o galardoado dedicou a maior parte da súa traxectoria profesional.
Fonte: Xunta de Galicia
Presentada a tradución ao galego da obra de Dolores Redondo, Premio Planeta 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación da tradución ao galego de Todo isto che darei, coa que Dolores Redondo gañou o Premio Planeta 2016.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta de Galicia aposta pola lusofonía con novos acordos de colaboración con dúas universidades brasileiras

A Xunta de Galicia impulsa a sinatura de novos acordos de colaboración coas universidades de São Paulo e do Estado do Río de Janeiro, cun investimento de 24 000 euros. Con esta iniciativa búscase favorecer a proxección exterior da lingua, a literatura e a cultura galegas e fomentar as relacións co mundo lusófono.
Fonte: Galicia Confidencial
A Modern Language Association celebra a súa convención anual que inclúe tres sesións dedicadas ao galego

A cidade estadounidense de Filadelfia acolleu entre o 5 e o 8 de xaneiro a convención anual da Modern Language Association of America (MLA), cuxo programa dedicou tres sesións á lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín