Destacada
O Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico aborda a primeira reunión de traballo para a súa posta en marcha

A sede do Centro Galego de Arte Contemporánea acolleu a primeira reunión de traballo do novo Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 cunha representación dos principais axentes implicados na súa posta en marcha, logo da súa aprobación polo Consello da Xunta o pasado 4 de agosto.
Fonte: Xunta de Galicia
Un convenio entre a Xunta e o Ministerio de Xustiza permitirá que as probas de acceso á avogacía se realicen en galego

O convenio asinado permitirá que se realicen en lingua galega as probas de acceso ás profesións de avogado e de procurador, que ata o momento só se podían facer en castelán.
Fonte: ABC
Unha campaña da compañía do transporte público de Londres inclúe o galego entre as súas linguas

A compañía que xestiona o transporte público en Londres acaba de poñer en marcha unha campaña na que os seus traballadores falan nas súas respectivas linguas, entre as que figura o galego.
Fonte: Sermos Galiza
A Irmandade Xurídica Galega recibe o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua

A Irmandade Xurídica Galega, entidade que promove o uso do galego no ámbito xurídico, recibiu o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua, co que se recoñece o seu labor na conservación e difusión deste idioma.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade Nacional de San Martín crea a Cátedra Galicia-América para difundir a lingua e a cultura galegas

A creación da Cátedra Galicia-América enmárcase no programa Lectura Mundi da Universidade Nacional de San Martín (Arxentina) e ten como obxectivo desenvolver a investigación e a divulgación da cultura galega, con especial fincapé na literatura e no ensino da lingua.
Fonte: Real Academia Galega
Os 'Cadernos Ramón Piñeiro' homenaxean a Manuel María no 87º aniversario do seu nacemento

Coincidindo co 87º aniversario do nacemento de Manuel María Fernández Teixeiro, autor homenaxeado polas Letras Galegas 2016, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a viúva do autor e presidenta da fundación que leva o seu nome e que custodia o seu legado, Saleta Goy, presentaron no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago o volume XXXV dos Cadernos Ramón Piñeiro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ponse en marcha unha iniciativa para promover o uso do galego como ferramenta para a comunicación científica
A iniciativa DivulgaTerra, promovida polo Campus Terra e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivo visibilizar o traballo desenvolvido polos investigadores/as e fomentar o uso do galego como ferramenta para a comunicación científica.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O OUFF reformula o seu programa con novas seccións competitivas dedicadas a Iberoamérica e ás óperas primas

O Ourense Film Festival (OUFF) presentou o programa da súa vixésimo primeira edición, que se desenvolverá do 28 de outubro ao 5 de novembro. Nela apóstase por unha nova estrutura de contidos con dúas novas seccións competitivas (Iberoamérica e Óperas Primas) e especiais temáticos nos que o cinema galego estará representado por 17 títulos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os premios aRi(t)mar da música e da poesía afianzan os vínculos lingüísticos e culturais ás dúas beiras do Miño

Os Premios Ari(t)mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesa celebran a súa primeira gala de entrega no compostelán Teatro Principal para recoñecer e afianzar os vínculos lingüísticos e culturais ás dúas beiras do Miño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Consello da Cultura Galega ingresa na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa

O Consello da Cultura Galega formará parte da Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa (CPLP), entidade na que ingresará en calidade de Observador Consultivo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín