Destacada
Cultura e Educación apoia a nova web da Asociación de Empresarios de Deza por promover o galego desde o mundo empresarial

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación da renovada páxina web corporativa da Asociación de Empresarios de Deza (AED), que pasa a ter dominio .gal, así como do novo portal específico en materia de emprego. Ambas as dúas iniciativas contan co apoio económico da Consellería –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística–, posto que son un exemplo da potenciación do uso do galego desde o mundo empresarial.
Fonte: Xunta de Galicia
O 8 de febreiro pecha o prazo de inscrición para as probas de acreditación da lingua galega (Celga)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística lembra que o prazo de inscrición para as probas Celga convocadas para o mes de abril está aberto ata o vindeiro luns 8 de febreiro.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación convoca a V edición dos premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’

Bota a andar a quinta edición dos premios a curtametraxes de animación en galego desenvoltas no marco do programa de dinamización lingüística ‘Nós tamén creamos!’ da Consellería de Cultura e Educación.
Fonte: Xunta de Galicia
FalaRedes 2016 arranca en Ourense as actividades da rede de dinamización homenaxeando a Manuel María

O programa de dinamización lingüística FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura e Educación –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, abre esta fin de semana a súa quinta edición.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación conmemora o Día Internacional da Lingua Materna coa estrea dunha nova edición do programa FalaRedes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemorou o Día Internacional da Lingua Materna cun acto central no auditorio de Ourense co gallo da estrea de ‘Todo me fala de ti’, a actividade inaugural desta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes.
Fonte: Xunta de Galicia
O Bierzo festexará o Día do Galego coas VIII Xornadas Martín Sarmiento

Baixo o lema “A diversidade lingüística, garantía da riqueza patrimonial”, as xornadas, organizadas pola Comisión Cultural Martín Sarmiento, desenvolveranse en Vilafranca do Bierzo o vindeiro 9 de marzo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Máis de mil escolares que aprenden lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria celebran o Día do Galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Vilafranca do Bierzo nos actos de celebración do Día do Galego nos centros docentes do Bierzo (León) e Sanabria (Zamora), que se enmarcan na VIII edición das Xornadas Martín Sarmiento.
Fonte: Xunta de Galicia
Feijóo eloxia a obra literaria de Xosé Neira Vilas e afirma que “grazas a el sabemos como éramos"

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou a obra literaria de Xosé Neira Vilas e afirmou que “grazas a el sabemos como éramos, e canto lle debemos aos que fixeron posible o que somos”.
Fonte: Xunta de Galicia
Constitúese a Asociación Italiana de Estudos Galegos (AISGAL) para o estudo da lingua e cultura galegas en Italia

O principal obxectivo da asociación é difundir a lingua e a literatura galegas, a través da formación, a investigación científica e a instrución. A intención deste colectivo é converterse no punto de referencia en Italia para os estudos relacionados co galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Máis de 2000 persoas están convocadas para se examinaren nas probas Celga que comezan este sábado en Santiago e Ponferrada

O sábado 2 de abril é a quenda das probas para a obtención dos certificados en lingua galega Celga 4; e o domingo, para o Celga 2. Os exames terán lugar en Santiago (no IES Antonio Fraguas e na Escola Galega de Administración Pública) e en Ponferrada (na Escola Oficial de Idiomas). Pódese consultar o lugar correspondente para a realización das probas e máis información nas seguintes ligazóns:
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín