Destacada

A Lei para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial inclúe a protección da toponimia tradicional

En novembro do pasado ano, a Real Academia Galega solicitoulle ao Congreso dos Deputados que nesta nova lei se incluíse a toponimia tradicional no concepto de patrimonio cultural inmaterial. Finalmente, esta solicitude recóllese de xeito expreso no artigo 2 do título I da lei, publicada no Boletín Oficial do Estado do 27 de maio.

Fonte: Real Academia Galega

O conselleiro de Cultura e Educación recibe as primeiras propostas de empresarios do Foro Enrique Peinador

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantiveron un encontro cunha ampla representación dos empresarios/as que aglutina o Foro Enrique Peinador. A orde do día desta xuntanza incluíu posibles actuacións para desenvolver a prol da visibilidade e da valoración do uso da lingua propia de Galicia nas relacións empresariais e comerciais, no marco dos traballos de elaboración do que será o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.

Fonte: Xunta de Galicia

As formacións políticas galegas asinan un manifesto a favor da normalización do galego

Por primeira vez dende a firma do Plan Xeral de Normalización na era Fraga, todos os partidos relevantes no país están de acordo nun texto a favor do galego: a Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega, promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Fonte: Galicia Confidencial

O Instituto Cervantes mostra o seu compromiso coa promoción do galego na súa reunión anual celebrada en Santiago

O director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, manifestou a súa aposta pola promoción da lingua galega en colaboración coa Xunta de Galicia.

Fonte: La Opinión de A Coruña

‘Estamos no verán!!!’ pecha a súa xira no programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015, de Cultura e Educación

A actividade ‘Estamos no verán!!!’ pecha no concello pontevedrés do Grove a súa xira no programa de dinamización lingüística FalaRedes que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. O músico Xoán Curiel e a banda Son+d2 completan así os 18 concertos programados na presente edición.

Fonte: Xunta de Galicia

Román Rodríguez e representantes do sector empresarial afondan no Plan de dinamización da lingua galega no ámbito socioeconómico

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantiveron unha xuntanza con representantes da Federación Galega de Parques Empresariais de Galicia e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre co fin de afondar no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia renova o seu convenio coa Universidade do País Vasco para o ensino da lingua galega

A Xunta destina máis de 58 000 euros ao ensino da lingua, da literatura e da cultura galegas nos plans de estudo da Universidade do País Vasco.

Fonte: Galicia en el Mundo

Cultura e Educación destina 170 000 euros á edición en lingua galega de materiais didácticos para o ensino non universitario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución pola que se conceden axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. A través destas subvencións o departamento que dirixe Román Rodríguez quere garantir unha oferta de material educativo en galego no ensino regrado que sexa á vez ampla e con calidade científica e pedagóxica.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación incrementa a oferta de 30 cursos de lingua preparatorios do Celga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dun total de 30 cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4 -o Celga 1 impártese en modalidade en liña-.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García participa en Donostia no encontro sobre multilingüismo conmemorativo do centenario de Piñeiro e de Mitxelena

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa redonda “É posible outra política lingüística nas institucións de España e de Europa?”, canda os seus homólogos vasco e catalán, Patxi Baztarrika e Ester Franquesa, respectivamente, dentro do programa do curso de verán “O lugar do éuscaro e das demais linguas nun contexto multilingüe, á luz das achegas de Koldo Mitxelena e Ramón Piñeiro”.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder