Destacada
Cultura e Educación avanza o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, deu conta no Consello da Xunta do estado de elaboración do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020, cuxo borrador inicial está a piques de concluír para, posteriormente, ser consultado e debatido cos sectores implicados co fin de que realicen as achegas que consideran oportunas e participen activamente na súa execución.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Santiago organiza o III Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego

Este concurso, impulsado pola Concellería de Normalización Lingüística, ten como obxectivo fomentar o uso do galego na comunicación entre empresas ou comercios e a sociedade, ao mesmo tempo que promover a calidade e a creatividade na comunicación.
O secretario xeral de Política Lingüística asiste en Bos Aires ao XI Congreso Internacional da AIEG

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Bos Aires na apertura do XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que organiza a devandita asociación.
Fonte: Xunta de Galicia
A iniciativa Twitter en galego convoca o concurso Premio á Conta 2015

Este concurso ten como finalidade premiar o emprego do galego por parte das persoas usuarias da rede social Twitter. O día 19 de abril remata o prazo para propoñer a conta que se considere merecedora do premio.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O galego é unha das linguas presentes no Vocabulario panlatino de desenvolvemento sustentable

Este vocabulario recolle 292 termos relacionados coa ecoloxía, o medio e o desenvolvemento sustentable, coas súas equivalencias en oito linguas (castelán, catalán, galego, francés, italiano, portugués, romanés e inglés).
Fonte: Consello da Cultura Galega
O filme 'A Esmorga’ preestréase en Madrid e Barcelona na súa versión orixinal galega

O filme A Esmorga, da produtora galega Vía Láctea Films, preestrearase este xoves 30 de abril en Madrid e o vindeiro martes 5 de maio en Barcelona na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en castelán.
Fonte: Xunta de Galicia
Filgueira Valverde chegará aos fogares galegos a través de pezas audiovisuais que se emitirán na televisión autonómica

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Televisión de Galicia colaboran un ano máis para lle achegar á cidadanía a figura homenaxeada coas Letras Galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Román Rodríguez recibe no Gaiás un grupo de alumnos que estudan galego no IE Vicente Cañada Blanch de Londres

Román Rodríguez deulle a benvida a Galicia a un grupo de 28 estudantes de galego en Londres, que dan comezo a súa “Viaxe da lingua 2015”, que os achegará de primeira man á lingua e á cultura propias levándoos a percorrer emprazamentos de interese da nosa comunidade autónoma.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócase unha nova edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

As tres universidades galegas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a duodécima edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A comedia británica ‘O noso último verán en Escocia’ estréase en versión dobrada ao galego en 14 cines de oito localidades

A comedia británica O noso último verán en Escocia estréase en Galicia na súa versión dobrada ao galego, que poderá verse en 14 salas de oito localidades. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)–, a Televisión de Galicia e a distribuidora A Contracorriente Films colaboran nesta iniciativa.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín