Destacada

Resólvense os XX Premios Lois Peña Novo que recoñecen o compromiso coa lingua galega dos galardoados

A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer os gañadores da XX edición dos Premios Lois Peña Novo, pensados para animar o proceso de normalización lingüística no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Vázquez Abad incide na importancia de potenciar todas as linguas para tender pontes durante o recital do poeta sirio Adonis

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polos secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente e da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González, asistiron ao recital poético do poeta sirio Alí Ahman Said Esber, Adonis.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Fene organiza unha nova edición de “Verán Máis Alá!", un espazo para divertirse en galego

O Concello de Fene organiza unha nova edición do seu “Verán Máis Alá!”, un espazo lúdico-educativo que ten como obxectivo facilitar unha alternativa de lecer educativo en galego e, ao mesmo tempo, promover a conciliación da vida familiar e laboral.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Consellería de Cultura e Educación amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de ampliar o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores e escritoras. Co obxectivo de seguir promovendo a proxección internacional das letras galegas a través da rede, o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad incorporou ao Portico of Galician Literature (www.galicianliterature.com) unha mostra en inglés de obras de Diego Ameixeiras, de Rosa Aneiros, de Elena Gallego Abad, de Xavier Queipo e de Anxos Sumai.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación súmase á homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do 129 aniversario do pasamento da escritora

No acto institucional promovido pola Fundación Rosalía de Castro, o secretario xeral de Cultura referiuse á escritora como “un ben central da nosa cultura” e recordou que “moito do que hoxe somos llo debemos ao que ela nos anticipou”.

Fonte: Xunta de Galicia

Faise pública a listaxe dos 93 pioneiros que estrearán o .gal

A Asociación PuntoGal presentou, nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), a listaxe dos 93 enderezos seleccionados no Programa Pioneiros. As empresas, administracións, fundacións e asociacións seleccionadas terán activo o seu enderezo co dominio .gal a partir do 25 de xullo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O filólogo Takekazu Asaka traduce 'Contos da miña terra', de Rosalía de Castro, ao xaponés

O filólogo nipón e especialista en lingua galega Takekazu Asaka publicou a tradución ao xaponés de Contos da miña terra, de Rosalía de Castro, que cumpre 150 anos dende a súa primeira edición en 1864.

Fonte: Galicia Hoxe

Ponse en marcha unha nova edición do programa de dinamización lingüística 'O galego campa!'

A Xunta de Galicia, por medio das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Traballo e Benestar, vén de pór en marcha unha nova edición do programa de dinamización lingüística "O galego campa!", que chegará un ano máis aos campamentos de verán que coordina a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Fonte: Xunta de Galicia

O DOG publica as resolucións polas que se adxudican as prazas nos centros de estudos galegos de diferentes universidades

O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións polas que se adxudican as prazas nos centros de estudos galegos das universidades de Estremadura, Deusto, Barcelona, Complutense de Madrid e Granada en España; Cork en Irlanda; O Algarve e O Miño en Portugal e mais Padua e Roma «La Sapienza» en Italia.

Fonte: Xunta de Galicia

Trinta novas marcas de Galicia incorpóranse á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros

Trinta novas marcas do sector agroalimentario incorporáronse á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IGARDI), sección do Foro Enrique Peinador. A iniciativa vai apoiada cun anuncio publicitario para fomentar o consumo responsable e solidario coas marcas que etiquetan en lingua galega que será espallado a través das redes sociais.

Fonte: Mundiario

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder