Destacada
Preséntase a campaña Presume de Galego, que busca que os galegofalantes máis novos poñan en valor o uso que fan da lingua

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presenta a campaña Presume de Galego, que ten como obxectivo que os galegofalantes máis novos poñan en valor o uso que fan da lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Cultura e Educación organiza encontros da escritora Elena Gallego Abad co alumnado participante no proxecto Dragal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá un paso máis no desenvolvemento da segunda edición do proxecto de dinamización lingüística Dragal ao organizar entre o 19 e o 29 de xaneiro visitas da escritora Elena Gallego Abad, autora da triloxía en que se basea o proxecto, aos 11 CPI e institutos participantes, duplicando case o número do curso pasado.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación apoia o Concello de Teo na segunda edición do certame de canción de autor en galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora un ano máis co Concello de Teo –entidade pertencente á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia- no Certame da Canción de Autor en Galego, que este ano chega á súa segunda convocatoria logo da importante acollida da iniciativa.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación convoca unha nova edición do concurso de curtas de animación en galego 'Nós tamén creamos!'

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora, convoca unha nova edición do concurso de curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta convoca unha nova edición de Lingua de namorar co fin de fomentar o uso do galego entre a xuventude

As consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, presentaron unha nova edición de Lingua de namorar, o concurso de mensaxes de amor dirixido á mocidade que ten como finalidade principal dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e na internet.
Fonte: Xunta de Galicia
Feijóo chama a aproveitar no ensino a oportunidade histórica que significa a proximidade entre a lusofonía e os galegofalantes

Durante a sinatura do Memorando de entendemento entre a Xunta e a Embaixada da República de Portugal en España para a adopción do portugués como lingua estranxeira de opción e avaliación curricular no sistema educativo non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia, Feijóo afirmou que este acto reafirma os vencellos entre Portugal e Galicia, afianza a amizade entre Portugal e España e representa un paso máis na tarefa da construción europea.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno galego apoia a lingua propia de Galicia como vantaxe empresarial competitiva no ámbito da lusofonía

A Xunta de Galicia apoia a lingua propia do noso país como vantaxe empresarial competitiva nos países de fala portuguesa. No marco do desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, o executivo galego prevé na súa axenda de traballo accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta e o CCG abren novas vías de colaboración para a promoción exterior da cultura galega buscando vínculos coa lusofonía

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, mantiveron unha primeira xuntanza de traballo para abordar o desenvolvemento dos diferentes proxectos que ambas as dúas entidades teñen en marcha, así como para abrir novas vías de colaboración.
Fonte: Xunta de Galicia
Cúmprense 30 anos da primeira sentenza xudicial emitida en lingua galega

A Irmandade Xurídica Galega conmemorará en Redondela os 30 anos da primeira sentenza xurídica emitida en lingua galega, ditada o día 27 de marzo de 1985 pola Audiencia Territorial da Coruña.
Fonte: Praza Pública
O galego estará presente nas II Jornades de Poesia en Llengües Peninsulars que se celebrarán esta fin de semana en Cataluña

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a presenza da lingua e da literatura galegas nas II Jornades de Poesia en Llengües Peninsulars que se celebrarán os días 20 e 21 de marzo no municipio catalán de Santa Coloma de Gramenet.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín