Destacada
A Xunta e o Consello da Cultura organizarán un encontro internacional que terá a lingua galega como protagonista

A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e mais o Consello da Cultura Galega (CCG) organizarán este ano o foro Galician Language, que congregará en Santiago de Compostela expertos galegos e internacionais nun encontro centrado na lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
A empresa Barrán prepara un servizo de correo electrónico en galego e baixo o dominio .gal

O Grupo Barrán, empresa de Santiago especializada en formación e desenvolvemento arredor do software libre, infórmanos dunha importante novidade no seu catálogo de recursos informáticos: un servizo electrónico en galego baixo o dominio .gal, de balde, e que sería quen de achegar as máximas condicións de seguridade e privacidade para o usuario.
Fonte: Código Cero
Os Premios á Calidade Lingüística da Universidade de Santiago repartirán quince premios entre os mellores traballos en galego

Os Premios á Calidade Lingüística destacarán os mellores traballos académicos, proxectos de fin de carreira (PFC) ou traballos de fin de grao (TFG) e os mellores traballos de fin de mestrado (TFM) redactados en galego neste curso académico 2013-2014.
A Xunta de Galicia entrega os premios do certame de declaracións de amor na rede ‘Lingua de namorar’

A Xunta de Galicia vén de celebrar a entrega de premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, convocado polas consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e de Traballo e Benestar (a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado) con motivo da conmemoración do Día da Candeloria o pasado 2 de febreiro.
Fonte: Xunta de Galicia
A campaña #engalegoleo promove no Día do Libro a literatura en lingua galega

Da man da Compañía de Radio Televisión de Galicia, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil Galix presentábase a campaña #engalegoleo. Esta iniciativa pretende promover a literatura na nosa lingua animando os lectores a compartir as súas preferencias mediante as redes sociais, nomeadamente Twitter.
Fonte: Culturagalega.org
As Google Glass funcionarán en galego

As Google Glass, as lentes intelixentes de Google, aterraron en Galicia para a súa presentación oficial a cargo do desenvolvedor tecnolóxico Andreu Ibáñez. En xuño coñeceranse as datas de lanzamento nos distintos países desta tecnoloxía que, cando saia en España, estará "cen por cento" preparada para a súa configuración en galego.
Fonte: Galicia Hoxe
O Festival de Cans celebrará 20 anos de rock en galego co grupo musical Heredeiros da Crus

No ano en que se cumpren dúas décadas da aparición dos primeiros videoclips en galego da man do mítico programa da TVG Xabarín Club, o Festival de Cans prepárese para celebralo, coa proxección de documentais e videoclips, e o concerto dun dos principais expoñentes desta corrente musical: Heredeiros da Crus.
Fonte: Faro de Vigo
A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística impulsa Funil.gal

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística porá en marcha o proxecto Funil.gal, unha iniciativa que procurará dotar a lingua galega de novas ferramentas multimedia para o ámbito científico, inicialmente no ámbito da química e, en concreto, no terreo das prácticas de laboratorio nas tres universidades galegas.
O dominio .gal para a lingua e a cultura galegas publica o seu calendario de lanzamento

Tras a activación técnica do .gal o pasado 11 de abril, aproveitouse a data do Día das Letras Galegas e do Día Internacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información para presentar a primeira páxina web creada baixo este dominio, na que se dá conta dos prazos de lanzamento e as condicións para poder acceder aos novos dominios.
Fonte: Código Cero
Cultura e Educación convoca dez prazas en lectorados de galego de España, Portugal, Irlanda e Italia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou dez prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en España, Portugal, Irlanda e Italia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín