Destacada

Con motivo do Día da Ciencia en Galego, celébranse durante esta semana diferentes actividades en toda Galicia

O luns, 4 de novembro, celébrase o Día da Ciencia en Galego, dedicado este ano ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e a Isaac Díaz Pardo. É o comezo dunha serie de actividades en toda Galicia.

Fonte: Praza Pública

ICANN asina o contrato de creación do dominio .gal para a lingua e a cultura galegas

A corporación que goberna os enderezos da internet, ICANN, vén de asinar o contrato de creación do dominio .gal coa Asociación PuntoGal, o que supón a culminación de sete anos de traballo nos que a sociedade galega se uniu para conseguir un distintivo de máximo nivel na rede, de xeito que a proposta galega para ter un dominio para a lingua e a cultura galegas xa non é unha candidatura, senón que se converte en operador dun dominio da internet.

Fonte: Código Cero

A Xunta pon á disposición dos profesionais da Administración pública de Galicia o novo tradutor automático Gaio

O Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación do novo tradutor automático Gaio, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da empresa galega Imaxín Software, para reforzar a presenza do galego nas administracións autonómica e local e facilitarlles aos profesionais públicos a tradución directa e inversa do galego ao castelán na documentación técnica e administrativa, páxinas web e correos electrónicos, ademais de consolidar a aplicación da toponimia oficial de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Todos os grupos do Parlamento de Galicia defenden que os produtos galegos e a etiquetaxe se distingan en lingua galega

Todos os grupos do arco parlamentario autonómico defenderon que se distingan os produtos propios de Galicia, vinculando esta diferenciación coa súa calidade, e apostaron pola etiquetaxe en lingua galega para o cal piden que a Xunta se implique na promoción desta comercialización.

Fonte: Galicia Hoxe

Ponse en marcha unha ampla programación de actividades no marco da segunda edición de ‘Nadal en Rede’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer en Arteixo a primeira das propostas de dinamización lingüística que arrancará nesta localidade coruñesa. Farao para festexar o Nadal en galego desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, no marco da segunda edición do programa ‘Nadal en Rede’.

Fonte: Xunta de Galicia

A xira de Nadal dos Bolechas dinamizará o galego durante as festas, co apoio de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis con Edicións Bolanda na xira de Nadal dos Bolechas 2013, “Os Bolechas fan unha banda”, que chegará, do 22 de decembro ao 8 de xaneiro, a un total de once localidades galegas, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Fonte: Xunta de Galicia

O galego volve ser ‘Lingua de Reis’ na ampla programación de Nadal dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, pon en marcha por segundo ano consecutivo a actividade “Lingua de Reis”, que no marco do amplo programa “Nadal en Rede” levará os tres Magos de Oriente a 16 centros de titularidade pública para dinamizar o uso da lingua propia de Galicia en alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria nas vésperas das vacacións de Nadal.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta impulsa unha guía dixital para promover en Nadal agasallos de produtos galegos entre a mocidade

As consellerías de Traballo e Benestar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria veñen de elaborar unha guía dixital para promover ao longo das festas de Nadal agasallos de produtos galegos, que presentaron en Santiago o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fonte: Xunta de Galicia

A Rede de Dinamización Lingüística celebra a súa reunión anual na Casa-Museo de Rosalía de Castro

A Casa-Museo de Rosalía de Castro acolleu a terceira reunión ordinaria anual do Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, que presidiu o secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García.

Fonte: Xunta de Galicia

Alumnos do instituto de Silleda elaboran un estudo sobre toponimia menor

Saben que será "un traballo de anos", pero non cesan no seu empeño por rexistrar o maior número de nomes de prados, fontes e demais elementos naturais de Silleda posibles. Alumnos do instituto Pintor Colmeiro iniciaron un estudo sobre toponimia menor para o que piden a colaboración veciñal.

Fonte: Faro de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder