Destacada

A Consellería de Cultura e Educación convoca cursos preparatorios en liña das probas do Celga 1

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou, mediante publicación no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega), unha nova edición dos cursos en liña preparatorios para as probas de certificación de lingua galega no nivel Celga 1.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta descarta recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto do galego

A Xunta non recorrerá, finalmente, a sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza con respecto ao decreto do plurilingüismo deseñado polo Executivo durante a súa primeira lexislatura.

Fonte: El País

O 45 % dos libros editados en Galicia no ano 2012 estaba en galego

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou unha radiografía do sector editorial do Estado español. Segundo estes datos, en Galicia editáronse en 2012 un total de 2660 libros (o 45 % deles en lingua galega).

Fonte: Letras en Obras

O Parlamento de Galicia defende que o galego continúe como materia troncal no ensino

Os catro grupos representados na Cámara (PPdeG, PSdeG, AGE e BNG) aprobaron instar o Goberno de Galicia a promover, dentro do marco do diálogo, "unha postura política común" para que o galego, en tanto que lingua oficial e propia da comunidade, "conserve a súa consideración de materia troncal no ensino", fronte ás dúbidas suscitadas pola designación que dá ás linguas cooficiais o proxecto de Lei de mellora da calidade educativa.

Fonte: Galicia Hoxe

Tuenti estrea aplicación para Windows Phone sen esquecer o galego

Finalmente Tuenti estrea aplicación para Windows Phone, que non só está dispoñible para as versións 7.5 e 8 do sistema operativo de Microsoft, senón que tamén é das poucas ferramentas para tal plataforma que pode empregarse en galego.

Fonte: Código Cero

A Xunta de Galicia solicítalle a Google a tradución ao galego do sistema operativo Android

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de solicitarlle a Google a tradución ao galego do sistema operativo Android. Con esta iniciativa, que contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, búscase que este sistema operativo, baseado en software libre, estea dispoñible en galego para todos os cidadáns, independentemente do terminal que empreguen.

Fonte: Xunta de Galicia

O bUSCatermos será accesible tamén dende unha aplicación para dispositivos móbiles

O bUSCatermos dá un paso máis na galaxia dixital e na universalización do seu acceso coa presentación dunha nova aplicación que permite a consulta desta base de datos en liña de terminoloxía técnica multilingüe da Universidade de Santiago de Compostela a través de dispositivos móbiles de Apple.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O dominio .gal para a lingua e a cultura galegas podería aprobarse no verán

A Asociación PuntoGal vén de dar conta de que a candidatura galega por un dominio para a lingua e a cultura galegas presentada ante a ICANN non recibiu ningunha obxección por parte dos gobernos representados en tal organismo.

Fonte: Código Cero

As tres universidades galegas organizan a décima edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Os servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizan a décima edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, que ten como principal obxectivo promover a reflexión e dinamización lingüísticas no ámbito universitario.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta renova o seu apoio á Asociación PuntoGal na recta final do proceso para conseguir o dominio galego na rede

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González, asinaron un convenio de colaboración para promover a candidatura do dominio .gal. A Amtega achega este ano 9000 euros á asociación para financiar trámites e xestións relativos á candidatura.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder