Destacada
A Xunta de Galicia fai unha declaración institucional do Día das Letras Galegas

Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
A Real Academia Galega levará o seu dicionario a dispositivos móbiles

A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Pedro Barrié de la Maza asinaron un novo convenio que afonda na colaboración entre ambas as dúas institucións e que dará diversos froitos. O máis próximo, o traslado do Seminario de Lexicografía da RAG dende Santiago á sede coruñesa da Barrié, onde recibirán apoio tecnolóxico de cara a acadar o obxectivo a máis longo prazo desta colaboración: adaptar as bases de datos lexicográficos da Academia para poder ofrecer contidos como o dicionario a través de diversos soportes, como dispositivos móbiles e portais de internet.
Fonte: La Voz de Galicia
A Xunta destaca a repercusión económica e cultural que terá o dominio .gal para as empresas galegas e a comunidade

A Asociación PuntoGal presentou formalmente a candidatura do dominio .gal ante o organismo competente, o Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). PuntoGal leva seis anos traballando para conseguir que a cultura e a lingua galegas teñan un espazo propio na rede.
Fonte: Xunta de Galicia
Galaxia habilita unha aula virtual para complementar o ensino da lingua e literatura galegas

A Aula Virtual de Galaxia vai facer posible que a comunidade educativa traballe con novas tecnoloxías ao tempo que estuda lingua e literatura galegas. Vai achegar, entre outras cousas, versións en PDF dos libros de texto, material educativo dixital e propostas de actividades docentes interactivas.
Fonte: Código Cero
A editorial 2.0 Editora publica o Dicionario moderno inglés-galego

A obra, realizada polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e publicada por 2.0 Editora, ten máis de vinte mil entradas e foi construída a partir dun corpus de traducións orixinal, sen pasar por outros dicionarios.
Fonte: Praza Pública
A plataforma GalegoLab impulsa un novo proxecto para facilitarnos as cousas á hora de xogar en galego

GalegoLab, a plataforma dixital de iniciativas colectivas para promover o galego, pon en marcha LEGA (Lecer Galego), proxecto dirixido a achegarlle á sociedade recursos lúdicos dixitais.
Fonte: Código Cero
Le grand dictionnaire terminologique incorpora a lingua galega á súa base de datos

Le grand dictionnaire terminologique (GDT), produto da Oficina Quebequesa da Lingua Francesa (Office Québécois de la Langue Française), incorporou o galego á súa base de datos. Este dicionario terminolóxico conta con trinta e cinco anos de historia ás costas e está dispoñible en liña, de forma gratuíta, ofrecendo millóns de termos en máis de 700 000 fichas.
Fonte: O Cartafol Dixital
A Consellería de Cultura e Educación despregou FalaRedes por 77 concellos na primeira quenda de desenvolvemento do programa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria despregou por un total de 77 concellos de Galicia 131 actividades de dinamización lingüística nos primeiros cinco meses de desenvolvemento do programa FalaRedes.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación e a Deputación da Coruña levan ‘Redecinema’ a 17 concellos da Rede de Dinamización Lingüística da provincia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, e mais a deputada de Normalización Lingüística da Coruña e alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, veñen de presentar Redecinema, a nova programación da RDL.
Fonte: Xunta de Galicia
Un servizo lingüístico conxunto difunde o uso do galego en Manzaneda e Trives

Os concellos de Manzaneda e Pobra de Trives puxeron en marcha un servizo lingüístico agrupado de ambos os municipios. Esta iniciativa é froito dunha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a promoción e uso da lingua galega.
Fonte: La Región
Boletín
Subscríbase ao boletín