Destacada

Publícase unha nova convocatoria de PARELLÆS, o programa de intercambio lingüístico galego-catalán da Universidade de Santiago

A Área de Catalán da Universidade de Santiago de Compostela convida a participar no programa académico PARELLÆS de intercambio lingüístico e cultural galego-catalán entre estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que falen galego ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.

Fonte: USC

A Consellería de Cultura e Educación presenta novas iniciativas para dinamizar o galego no ámbito do ensino

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está poñendo en marcha novas iniciativas que contribuirán a dinamizar a lingua galega nos centros de ensino.

Fonte: Xunta de Galicia

Inician unha campaña para que os propios usuarios traduzan o WhatsApp ao galego

A través das redes sociais, especialmente de Twitter, púxose en marcha esta campaña a favor de traducir a aplicación WhatsApp ao galego.

Fonte: Faro de Vigo

A Facultade de Ciencias da Coruña estrea o seu Muíño da Lingua para fomentar a promoción do galego

A praza situada no medio da Facultade de Ciencias e as escolas de Aparelladores e Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC) acaba de estrear o seu Muíño da Lingua, unha iniciativa que pretende fomentar a promoción do galego e cuxa idea foi a gañadora do premio Luísa Villalta que organiza o Servizo de Normalización Lingüística da UDC.

Fonte: La Voz de Galicia

O Premio Manuel Beiras recoñece un ano máis o esforzo normalizador de empresas de Santiago de Compostela no uso do galego

O Concello de Santiago e mais a Cámara de Comercio convocan a XIII edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que premia o uso do galego no ámbito empresarial compostelán.

Fonte: CTNL

Varios concellos organizan un club de debate destinado aos centros de ensino para favorecer o emprego do galego entre a mocidade

O Club de Debate é un programa de promoción do uso do galego que organizan conxuntamente os servizos de normalización lingüística de varios concellos (Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo).

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística presenta a segunda fase da campaña “En galego tamén se fai ciencia”

A defensa do galego vai máis alá do seu emprego literario ou da reflexión lingüística, e inclúe tamén o seu uso cotián en todos os ámbitos da sociedade e en espazos específicos de investigación. Estas son as ideas centrais da campaña "En galego tamén se fai ciencia", unha iniciativa promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística que naceu no 2010 e da que se presentou unha segunda fase na que se amplían os campos de participación.

Fonte: Universidade de Vigo

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pon en marcha a campaña “Gústame o galego”

A campaña “Gústame o galego” púxose en marcha no Culturgal 2012 en Pontevedra para, entre outras cousas, visibilizar o apoio de persoas a nivel individual ao proceso de normalización da lingua galega en todos os ámbitos ou favorecer que persoas de todo tipo se posicionen a prol do fomento do galego.

Fonte: CTNL

Google abre a posibilidade de restaurar a toponimia galega

Google Maps, a web e aplicación de referencia en xeolocalización, abre unha nova etapa para verificar a corrección dos seus datos xeográficos e, entre eles, o da toponimia.

Fonte: Prolingua

Póñense en marcha múltiples accións para celebrar o Nadal en galego

Ao se iren aproximando as datas do Nadal e do comezo dun novo ano, desde o ámbito da normalización lingüística son múltiples as accións emprendidas na procura da presenza do galego nestes días. Cartas de Reis, propostas de agasallos, Apalpador, recursos, concursos de escaparates etc.

Fonte: CTNL

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder