Destacada

‘A mocidade é un dos principais retos para a lingua galega’, afirma Valentín García nos XIV Encontros para a normalización

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou na inauguración dos XIV Encontros para a Normalización Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

O Goberno italiano ratifica a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

O ensino do sardo, friulano, albanés, ladino, grego e croata será posible nas escolas italianas. Con esta medida, o Consello de Ministros, tras unha proposta do Ministerio de Asuntos Exteriores e o Ministerio de Asuntos Rexionais, ratificou a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: AGI.it

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística promove a campaña "Mil festas máis para a lingua galega"

Coa pretensión de conseguir unhas festas innovadoras, participativas e galeguizadas, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Xunta de Galicia, promove a campaña Mil festas máis para a lingua galega.

Fonte: CTNL

Dezanove entidades máis incorpóranse á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia

O órgano de dirección executiva da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia -vinculada á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- vén de concederlles a aceptación provisional de adhesión ás dezanove entidades que teñen presentadas solicitudes de entrada no que vai de ano, logo da última xuntanza ordinaria do Consello de Membros que tivo lugar o pasado 22 de decembro.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación resolve as axudas para a promoción do uso da lingua galega nas entidades locais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas para a promoción do uso da lingua galega nos concellos durante o ano 2012.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación colabora coa CTNL apoiando a formación dos profesionais da dinamización lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, asinou un convenio de colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), asociación de carácter non lucrativo de ámbito galego creada en 1996 co fin de agrupar os profesionais que traballan no eido da promoción da lingua galega e de promover a súa formación especializada, entre outros obxectivos.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación felicita o profesor de galego Xaime Varela polo recoñecemento como Boa prácTICa 2.0 do seu blog educativo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, vén de felicitar no nome do departamento que dirixe ao profesor Xaime Varela, impulsor do blog Fala Londres, que foi seleccionado como Boa prácTICa 2.0.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia dinamizará o galego na rede entre a xuventude a través do certame ‘Lingua de namorar’

Con motivo da dobre celebración, o 17 de maio, do Día das Letras Galegas e mais do Día de Internet, as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, respectivamente, presentaron en rolda de prensa o concurso de declaracións de amor en galego vía internet Lingua de namorar.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación apoia o uso do galego entre os máis novos a través do Festival de Cine de Ourense

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, un ano máis, o Festival Internacional de Cine de Ourense, a importante cita do cinema que chega este ano á súa décimo sétima edición e que se desenvolverá no mes de outubro na cidade das Burgas. Así, a Consellería -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- vén de presentar o IV Certame de Cinema OUFF Escola 2012, que convoca conxuntamente co Consorcio para o Festival Internacional de Cine de Ourense e a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración con Ponte... nas Ondas.

Fonte: Xunta de Galicia

Ponse en marcha un ano máis unha campaña para reclamar a Twitter que ofreza o seu servizo en galego

O luns 7 de maio foi elixido como o día da reivindicación da lingua galega en Twitter. Auspiciada pola conta @tweet_en_galego, a iniciativa a prol desta lingua foi secundada por centos de usuarios que utilizaron o hashtag #PorUnTwitterEnGalego para pedirlle ao centro de traducións de Twitter que atenda as reclamacións dos galegofalantes.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder