Destacada
Unhas 2000 horas de gravacións con voces de 7000 persoas conforman o Arquivo do Galego Oral

Arredor de 2000 horas de gravacións, con voces duns 7000 informantes, conforman na actualidade o Arquivo do Galego Oral (AGO), un proxecto no que o Instituto da Lingua Galega (ILG) vén investigando desde o ano 1974 e que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Vigo participa no deseño do primeiro sistema multilingüe de busca e tradución de contidos audiovisuais

Trátase dun sistema que permite a busca e tradución de contidos audiovisuais en todas as linguas do Estado español, ademais do inglés. Este sistema multilingüe estase a desenvolver no marco de Buceador, un proxecto de investigación realizado dentro do Plan nacional de I+D coa participación das Universidades Politécnica de Cataluña, País Vasco e Vigo.
Fonte: Universidade de Vigo
Primeira xornada de formación en dinamización lingüística para os técnicos e técnicas dos concellos

Ofrecer as principais pautas do traballo en promoción social da lingua galega. Ese é o obxectivo fundamental do Seminario de Iniciación á Dinamización da Lingua Galega desde as Entidades Locais, a primeira acción de formación nesta materia que organiza a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para os técnicos dos concellos e que se enmarca dentro da actividade da Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Galicia, País Vasco, Cataluña e Illas Baleares reúnense para avanzar na cooperación en materia de política lingüística

Os máximos responsables da política lingüística de Galicia, País Vasco, Cataluña e Baleares –Anxo Lorenzo, Lourdes Auzmendi, Yvonne Griley e Margalida Tous, respectivamente– participaron na reunión da comisión de seguimento do protocolo de colaboración que manteñen os catro gobernos en materia de política lingüística e que ten como obxectivo prioritario impulsar a presenza e o recoñecemento das súas linguas propias no ámbito estatal e europeo.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística e Xuventude promoven un programa de dinamización da lingua galega nos campamentos de verán

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado propoñen para este verán un programa de dinamización lingüística dirixido a fomentar o uso do galego entre a mocidade a través dos campamentos que organiza a Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Comezan nas universidades de Galicia os cursos de verán de lingua e cultura galegas para estudantes estranxeiros

En colaboración coas tres universidades galegas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove durante este mes de xullo a realización de cursos de verán de lingua e literatura galegas para estudantes de fóra de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela é recoñecido coa Medalla de Ouro de Galicia 2011

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou o labor do Instituto da Lingua Galega no estudo e na investigación permanente do idioma galego para que "sexa un elemento de cohesión social".
O Consello da Cultura Galega e a Consellería de Educación asinan un convenio para promover a dinamización lingüística

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, asinaron un convenio de colaboración en materia de normalización lingüística no ámbito local.
Fonte: La Voz de Galicia
O Instituto da Lingua Galega elaborará os materiais galegos do Atlas Lingüístico da Península Ibérica co apoio da Xunta

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolverán, ao longo deste ano e durante o 2012, un programa de actuacións en materia de investigación lingüística a través do Instituto da Lingua Galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Galicia Confidencial convértese no primeiro medio en galego que se poderá ler nos libros electrónicos

Galicia Confidencial poderase ler en calquera libro electrónico. Susana Sotelo Docío, tecnóloga da Universidade de Santiago, creou unha receita para o programa Calibre que permite aos usuarios seguir este xornal dende os seus libros electrónicos. Galicia Confidencial convértese así no primeiro medio en galego cunha receita para este software libre.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín