Destacada

Política Lingüística impulsa a transmisión familiar da lingua galega a través de materiais divulgativos para as embarazadas

Animar os pais e as nais a introducir o galego na comunicación cos seus fillos desde os primeiros momentos. Ese é o principal obxectivo do cartafol Xeración dos Axóuxeres, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que está pensada para acompañar as mulleres e as súas parellas durante o derradeiro tramo do embarazo.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase un volume que recolle 788 expresións xurídicas en galego coas súas equivalencias en castelán

O libro Termos esenciais de dereito constitucional, galego-español da profesora Begoña López Portas foi presentado, xunto a once unidades didácticas, na Facultade compostelá de Dereito. As obras forman parte da campaña ‘Témoslle lei’, que ten por obxecto aumentar e mellorar o uso do galego na docencia e no estudantado para levalo a un terzo.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Política Lingüística fomenta a formación específica en galego do funcionariado con novos cursos en liña

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove a competencia en galego do funcionariado cunha nova oferta de formación en linguaxe administrativa galega. A través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), o departamento que dirixe Anxo Lorenzo convoca cinco cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio na modalidade de teleformación e cinco cursos de linguaxe administrativa galega de nivel superior na modalidade presencial.

Fonte: Xunta de Galicia

Bocaberta 2010-2011 leva realizadas 600 actividades por toda Galicia para promover o uso do galego entre os máis novos

Un total de 600 actividades realizadas por toda Galicia para favorecer o uso do galego entre as franxas de idade máis novas. Este é o balance actual de Bocaberta 2010-2011, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta colabora coa Asociación PuntoGal para conseguir un dominio en internet destinado á comunidade lingüística galega

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vén colaborando coa Asociación PuntoGal para impulsar o dominio .gal en internet. O obxectivo desta asociación é establecer o devandito dominio para a comunidade cultural e lingüística galega.

Fonte: Código Cero

O aumento do prestixio social do galego será un obxectivo prioritario para a política lingüística da Xunta en 2011

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en rolda de prensa o balance de actividade realizada en 2010 pola Xunta de Galicia en materia de promoción da lingua galega e mais as principais liñas de actuación da secretaría xeral para este ano.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta aposta por reforzar a competencia en lingua galega da cidadanía a través do Plan de formación 2011

A Xunta de Galicia reforza a capacitación lingüística da poboación adulta a través do Plan de formación en galego 2011, que foi aprobado no Consello da Xunta. Este plan, posto en marcha pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, incide nas áreas de formación lingüística xeral e específica, no sistema de acreditación do coñecemento de galego (Celga e mais na elaboración de materiais e recursos para a aprendizaxe do idioma.

Fonte: Xunta de Galicia

A presenza do galego medra nos libros electrónicos

O galego é a terceira lingua máis editada nos libros electrónicos en España. Son os datos proporcionados pola Dirección Xeral do Libro do Ministerio de Cultura, que destaca que a produción editorial aumentou o ano pasado un 3,9 % respecto de 2009, en especial a edición electrónica, que medrou case un 50 % fronte á edición en papel, que se reduciu nun 1 %.

Fonte: Galicia Hoxe

A Xunta de Galicia aposta polas tecnoloxías da lingua galega como obxectivo transversal de goberno

A Xunta de Galicia aposta polas tecnoloxías da lingua galega como obxectivo transversal de goberno. Con este fin, a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizou a xornada Letras Galegas e Internet, que busca contribuír á difusión das novas ferramentas tecnolóxicas en galego dispoñibles na rede, para que cada vez sexan máis coñecidas e utilizadas polo conxunto da cidadanía.

Fonte: Xunta de Galicia

Galicia, Cataluña e País Vasco valoran accións conxuntas para a proxección internacional das súas linguas e culturas

Reforzar a proxección internacional das linguas propias e das culturas de Galicia, País Vasco e Cataluña a través de actuacións conxuntas entre os gobernos das tres comunidades. Este foi o obxecto principal da reunión que mantiveron o responsable de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a viceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco, Lourdes Auzmendi; a directora do Instituto vasco Etxepare (Etxepare Euskal Institutua), Aizpea Goenaga; e o máximo responsable da promoción exterior do catalán, Vicenç Villatoro, que dirixe o Institut Ramon Llull.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder