Destacada
Os centros educativos poden presentar os seus proxectos de fomento do uso do galego para o curso escolar 2010-2011

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino público de Galicia para o curso escolar 2010-2011, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Os tres grupos políticos de Galicia pactan que os funcionarios empreguen o galego no saúdo inicial

O acordo alcanzado no Parlamento galego por todos os grupos políticos estipula que o galego se converterá na lingua «de contacto inicial» entre o funcionario e o administrado, tanto nas relacións presenciais como nas telefónicas, pero sen prexuízo do dereito cidadán a ser atendido na lingua oficial da súa preferencia.
Fonte: La Voz de Galicia
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mantén a vixencia do decreto do plurilingüismo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou manter en vigor o Decreto 79/2009 do plurilingüismo que fora solicitado pola Mesa pola Normalización Lingüística. A decisión foi acordada polo órgano xurídico por entender que non existe prexuízo irreparable ao galego coa aplicación do Decreto.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística crea a Rede de dinamización lingüística para promover o uso do galego desde o ámbito local

A Secretaría Xeral de Política Lingüística crea a Rede de dinamización lingüística para promover o galego desde o ámbito local. Esta iniciativa pretende ser un punto de encontro para o traballo conxunto en materia de dinamización lingüística entre a Administración autonómica e a local e ten como fin favorecer que as medidas de fomento do galego cheguen con máis amplitude e eficacia á cidadanía.
Fonte: Xunta de Galicia
O multilingüismo é un elemento clave da herdanza cultural europea

Cada 26 de setembro conmemórase o Día Europeo das Linguas. O Parlamento Europeo é un bo exemplo de multilingüismo, tanto na súa actividade diaria como na súa páxina web, que se actualiza diariamente en 22 idiomas.
Fonte: Parlamento Europeo
Política Lingüística potencia a oferta de recursos didácticos en galego a través da concesión de axudas a editoriais

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Esta liña de axudas ten como fins prioritarios potenciar a oferta de materiais educativos en galego e favorecer o tecido da industria editorial galega.
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Modernización subvenciona con 55.000 € a asociación PuntoGal para promover a creación deste dominio

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica colabora coa Asociación PuntoGal para impulsar o dominio ."gal" en internet. Baixo este dominio poderán rexistrarse as entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribúan ao fomento da nosa cultura.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística levará máis de 700 actividades por toda Galicia para promover o uso do galego entre os máis novos

Máis de 700 actividades, repartidas por toda Galicia e dirixidas a rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, integran este ano o programa Bocaberta, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística avanzou en Santiago de Compostela.
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría galega de Política Lingüística participa en Bruxelas nun encontro sobre apoio á diversidade lingüística en Europa

A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa na conferencia que organiza en Bruxelas a Network to Promote Linguistic Diversity (Rede Europea para a Diversidade Lingüística) e que centra o seu traballo na cooperación e no apoio a prol da promoción da diversidade lingüística no contexto europeo.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística publica a resolución das axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a proposta de resolución da concesión das axudas para os proxectos de fomento do galego nos centros de ensino de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín