Destacada
A Consellería galega de Educación e o Instituto Camões valoran canles de colaboración en materia lingüística

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, mantiveron un encontro coa presidenta do Instituto Camões, Ana Paula Laborinho, co fin de traballar no establecemento de mecanismos de colaboración en materia de actividades de formación e promoción da lingua portuguesa.
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove o primeiro Dicionario galego de recursos humanos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Termigal, e en colaboración coa Real Academia Galega e a Fundación Galicia Empresa, impulsou esta ferramenta que busca facilitar a incorporación do galego ao ámbito socioeconómico.
Fonte: Xunta de Galicia
Os máis de 10.000 visitantes da Expolingua Berlín tiveron ocasión de achegarse á lingua galega durante a fin de semana

Minicursos de iniciación á lingua galega, datos sobre a historia e a situación actual do idioma, información sobre os centros de estudos galegos das universidades estranxeiras e sobre os cursos de verán de lingua galega para estranxeiros en Galicia ou as últimas publicacións do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Estes foron algúns dos principais contidos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lles ofreceu a través do seu stand ás máis de 10.000 persoas que visitaron a Expolingua Berlín.
Fonte: Xunta de Galicia
Dous programas de televisión por internet afondan na situación da lingua galega e difunden as iniciativas a prol do idioma

Dous programas de televisión por internet afondan na situación do galego e difunden as iniciativas que se están a levar a cabo a prol do idioma. Trátase de Lingua, cámara, acción e A lingua galega na sociedade, que se emiten a través da canle Lingua Galega TV, de Acuarela Comunicación.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis de 200.000 manteis con xogos e palabras achegan a lingua galega ao tempo de xantar

A campaña Xantar Compostela, que pretende achegar o galego ao sector da gastronomía e fomentar o seu uso entre a clientela destes locais, inclúe máis de 200.000 manteis que se repartirán polos 1.500 establecementos da Asociación Hostelería Compostela.
Fonte: Galicia Hoxe
Política Lingüística impulsará en 2011 unha nova estratexia de acción exterior desde os centros de estudos galegos

A creación dun programa de acción cultural, que complemente a formación académica e a investigación nas universidades, será unha das prioridades para a proxección internacional da lingua e da literatura galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística constituirá formalmente a primeira Rede de Dinamización Lingüística o próximo mes de xaneiro

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciou, no encontro informativo provincial sobre esta iniciativa que tivo lugar en Ourense, a próxima constitución da Rede de Dinamización Lingüística, que se levará a cabo no mes de xaneiro.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística ofrece múltiples recursos para celebrar as festas de Nadal en lingua galega

Para contribuír a vivir as tradicións ligadas ao Nadal en galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do seu web, puxo a disposición da cidadanía diversos recursos: receitas de pratos típicos destas datas, produtos para vestir a mesa etiquetados en galego, propostas para procurar un agasallo novo e orixinal etc.
Fonte: Xunta de Galicia
O Senado estrea o uso das linguas cooficiais, que custará 11.950 euros por pleno

O Senado estreará no primeiro pleno deste período de sesións, os próximos 18 e 19 de xaneiro, o uso das linguas cooficiais no debate das mocións, que terá un custo en traducións de 11.950 euros por sesión.
Fonte: ABC
O Parlamento de Galicia convoca un curso de galego orientado a mellorar a expresión oral dos deputados

O Parlamento de Galicia ofrecerá no primeiro trimestre de 2011 un curso de galego co obxectivo de contribuír a perfeccionar a produción oral e incrementar a eficacia da expresión dos deputados, mediante o reforzo da comprensibilidade e a fluidez discursiva.
Fonte: El Progreso
Boletín
Subscríbase ao boletín