Destacada

153 alumnos do Bierzo viaxan a Galicia para complementar os seus estudos de lingua galega

Un total de 153 alumnos e alumnas da comarca do Bierzo, en Castela e León, viaxou ata Galicia para participar nun programa de estadía que complementará os seus estudos de galego. O subdirector xeral de Política Lingüística, Xoán Rivas, recibiu os estudantes, que proceden dun total de 13 centros educativos da comarca do Bierzo, onde están a seguir o programa de estudo en galego que ten en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística convoca axudas para promover a dinamización da lingua galega no ámbito local

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca 602.668 euros en subvencións para a promoción do uso do galego a través das entidades locais de Galicia. O obxecto concreto da convocatoria é fomentar a prestación dun servizo lingüístico, así como subvencionar a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística desenvolve unha sesión informativa sobre a nova orde de axudas a entidades locais para promover o galego

Estender a promoción do galego a todo o territorio de Galicia. Ese é o obxectivo fundamental no que se enmarca a nova orde de subvencións que vén de publicar a Secretaría Xeral de Política Lingüística para fomentar o uso do galego desde o ámbito local.

Fonte: Xunta de Galicia

A competencia oral e escrita do alumnado de 4.º da ESO é semellante en galego e en castelán, segundo unha investigación da USC

A Avaliación da competencia do alumnado de 4.º da ESO nos idiomas castelán e galego conclúe uns resultados moi semellantes nas capacidades orais e escritas das dúas linguas oficiais de Galicia. Así se desprende dos resultados desta investigación, realizada polo Instituto de Ciencias da Educación (ICE), da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta presenta unha páxina web que recolle o riquísimo patrimonio toponímico de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou a páxina web do Proxecto Toponimia, toponimia.xunta.es, dentro dunha iniciativa que ten como principal obxectivo axudar a salvagardar o riquísimo patrimonio cultural galego a través da recuperación da toponimia da comunidade autónoma.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta retira a consulta aos pais en primaria e ESO, pero garantiraa por lei esta lexislatura

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o decreto do plurilingüismo no ensino non incluirá a consulta aos pais nas etapas de primaria e secundaria, aínda que prometeu que esta será posible "antes de que finalice a lexislatura", xa que o Goberno galego impulsará unha lei que "garanta" a participación dos pais na educación.

Fonte: Europa Press

Publícase no DOG o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

O Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). O novo marco legal, que substituirá o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, garante “a adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de Galicia” e “o máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias impartidas nas dúas linguas oficiais de Galicia, co obxectivo de asegurar a adquisición da competencia semellante nelas”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación e o Consello da Cultura Galega asinan un protocolo de colaboración a prol do fomento da lingua galega

No marco do acordo organizaranse actividades de formación, intercambiaranse recursos, impulsarase a dixitalización de documentos e integrarase o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia na Rede de dinamización lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística pon en marcha un ambicioso sistema de formación en liña para potenciar a aprendizaxe do galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou o primeiro curso en liña orientado á preparación das probas de certificación de lingua galega no nivel 1. Trátase do inicio da posta en marcha dun ambicioso sistema de formación a través dunha plataforma virtual que ten como obxectivo potenciar a aprendizaxe do galego.

Fonte: Xunta de Galicia

O Departamento de Cultura do Goberno vasco e Microsoft Ibérica presentan Windows 7 e Live en éuscaro

O Departamento de Cultura do Goberno vasco e Microsoft Ibérica presentan a versión en éuscaro de Windows 7 e Live. No acto intervirán Blanca Urgell, conselleira de Cultura, e Montserrat Pardo, xerente de Relacións Institucionais de Microsoft Ibérica.

Fonte: HABE

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder