Destacada
A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia a convocatoria de cursos de 2011 preparatorios para as probas Celga

Co fin de fomentar a competencia en galego da sociedade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para 2011 un total de 140 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística promove a incorporación do galego ao ámbito das ciencias coa publicación do "Dicionario de Bioloxía"

A incorporación da lingua galega ao ámbito das ciencias suma un novo impulso coa publicación do Dicionario de Bioloxía. Esta obra de carácter global, que abrangue toda a Bioloxía, inclúe termos en galego relacionados coa Antropoloxía, a Bioquímica e a Bioloxía Molecular, a Zooloxía, a Botánica, a Fisioloxía, a Xenética, a Microbioloxía, a Ecoloxía, a Bioloxía Celular e o Medio Ambiente.
Fonte: Xunta de Galicia
Os Axóuxeres regresan con cantigas, xogo, teatro e música para que os bebés e as familias gocen coa lingua galega

Música, palabra, teatro, cantigas tradicionais e moitos xogos. Os Axóuxeres regresan con forza para facer gozar os máis pequeniños da casa coa lingua galega. E fano retomando a edición 2010-2011 deste programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.
Fonte: Xunta de Galicia
Nace galeguizargalicia.tv para difundir vídeos de actividades a prol da lingua galega

Galeguizargalicia.tv, a canle creada recentemente polos grupos que integran galeguizargalicia.com, ten como obxectivo difundir vídeos das súas actividades a favor da lingua galega.
Fonte: galeguizargalicia.tv
A lingua galega participa na Expolingua de París, unha feira internacional onde se dan cita 50 idiomas de todo o mundo

A lingua galega quere contribuír á promoción da diversidade lingüística e cultural coa súa presenza na Expolingua de París 2011. A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa nesta feira internacional na que se dan cita un total de 50 idiomas e 200 expositores de múltiples países do mundo.
Fonte: Xunta de Galicia
O vindeiro luns 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna

En 1999, a Unesco declarou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna. O obxectivo desta celebración é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minorías, por seren as que se encontran nunha situación máis difícil.
Fonte: Xunta de Galicia
Persoas de todo o mundo poderán seguir o acto de presentación das últimas ferramentas tecnolóxicas en galego

Persoas de todo o mundo poden seguir o xoves 24 de febreiro ás 19.00 horas o acto de presentación das novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles en galego. Vía Lync, os internautas terán a posibilidade de asistir de forma virtual ao acto no que a Xunta de Galicia dará a coñecer os últimos produtos de Microsoft en lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo comparte un día de aulas con estudantes de secundaria que aprenden lingua galega en Londres

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou o Instituto Cañada Blanch de Londres, onde impartiu unha aula sobre lingua galega para alumnado de 1º e 2º da ESO. Durante o encontro cos estudantes, o secretario xeral tivo ocasión de presentarlles a situación actual da lingua galega no marco plurilingüe do Estado español.
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello da Cultura Galega convoca os XIII Encontros para a Normalización Lingüística

Os XIII Encontros para a Normalización Lingüística celebraranse os vindeiros días 28 e 29 de abril de 2011 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta edición os Encontros van prestar unha especial atención ao tema da lingua como elemento de cohesión social e á análise da acción política no ámbito municipal, sen esquecer a liña habitual de seguimento de iniciativas e de revisión de accións xa realizadas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Política Lingüística reforza a dinamización do galego desde o ámbito local cunha nova convocatoria de axudas para 2011

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as axudas de 2011 destinadas a fomentar o uso do galego desde o ámbito local. A nova orde de subvencións para as entidades locais publicouse no Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2011.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín