Destacada
O Senado español está moi preto de abrir os seus plenos ás linguas cooficiais, pero só no debate de mocións

O Senado está moi preto de abrir finalmente as súas sesións plenarias ás catro linguas autonómicas, aínda que unicamente no debate das mocións e non nas sesións de control ao Goberno. Se finalmente esta reforma se produce, non entrará en vigor ademais ata 2011.
Fonte: Europa Press
Política Lingüística impulsa o coñecemento e a difusión do galego a través do Espazo das Linguas Ibéricas do Instituto Cervantes

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsará un completo programa de actividades de formación e difusión da lingua galega a través do Espazo das Linguas Ibéricas do Instituto Cervantes. Farao no próximo curso 2010-2011, a través dun convenio multilateral no que tamén participarán a Generalitat de Catalunya, o Instituto Camões, a Universidade de Alcalá de Henares e mais o Instituto Vasco Etxepare.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística promove os cursos de verán da USC nos que aprenden galego máis de 80 estudantes de 27 países

Un total de 85 alumnos e alumnas procedentes de 27 países de todo o mundo aprende galego este verán na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Fano a través do Curso de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia, que organizan o Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Real Academia Galega e que financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
O Senado español aproba o uso das linguas cooficiais

A Comisión de Regulamento do Senado aprobou a proposta de reforma sobre o uso das linguas cooficiais na actividade da Cámara Alta, que deberá ser ratificada por completo no Pleno. A proposta de modificación sinala que estas medidas serán efectivas a partir do 1 de xaneiro de 2011 e que non supoñerán incremento do gasto.
Fonte: La Razón
A Consellería de Educación e a Deputación de Pontevedra ratifican o seu compromiso co galego desde o ámbito local

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron un convenio para desenvolver unha liña de actuacións en materia de normalización lingüística no ámbito da Administración e da cidadanía, actividades consideradas de interese social para o impulso do idioma.
Fonte: Xunta de Galicia
Educación e a Confederación de Empresarios de Galicia potencian a incorporación do galego ao ámbito socioecomómico

A incorporación do uso do galego ao ámbito socioeconómico recibe un novo pulo a través do convenio que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) asinarán nos próximos días, e que foi aprobado no Consello da Xunta.
Fonte: Xunta de Galicia
Un total de 1.400 persoas obteñen o Certificado de lingua galega nas primeiras probas deste ano

Un total de 1.400 persoas conseguiron o Certificado de lingua galega (Celga), nalgún dos catro niveis, nas primeiras probas deste ano que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que tiveron lugar os días 22, 23, 29 e 30 do pasado mes de maio.
Fonte: Xunta de Galicia
A Fundación ECCA e Política Lingüística amplían as posibilidades de formación en galego a través do medio radiofónico

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece novas alternativas para facilitar a formación de persoas adultas en galego. Faino en colaboración coa Fundación ECCA, que impartirá durante este ano cursos preparatorios para o Certificado de lingua galega (Celga) a través da súa rede de emisoras radiofónicas.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística implícase co labor das tres universidades galegas a prol da extensión do galego no próximo curso

A Secretaría Xeral de Política Lingüística favorece a extensión da lingua galega no ámbito universitario a través da colaboración coa Universidade da Coruña, coa Universidade de Santiago de Compostela e coa Universidade de Vigo.
Fonte: Xunta de Galicia
O Foro Enrique Peinador e Política Lingüística colaboran para ampliar a presenza do galego na actividade socioeconómica

Para acadar unha maior extensión do uso do galego, o ámbito socioeconómico é un piar fundamental. Por iso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a potenciar a incorporación da lingua propia de Galicia a este sector a través de diversas iniciativas, entre elas, a colaboración con entidades de referencia neste campo.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín