Destacada

A rede social Tuenti xa está dispoñible en catalán, galego e éuscaro

Os usuarios de Tuenti, unha das redes sociais máis populares de España, dispoñen xa dunha versión en catalán, en galego e en éuscaro. Segundo afirman desde Tuenti, "trátase dunha aposta desde a rede polo local. Somos unha ferramenta de comunicación e por iso temos que ser relevantes na proximidade".

Fonte: La Vanguardia

Xa están dispoñibles na rede dous novos recursos para o galego xurídico

O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela vén de pór na rede dous novos recursos para o galego xurídico: trátase do proxecto “Formularios procesuais en lingua galega” e “As leis en galego”. O primeiro deles consiste no labor de tradución e renovación dos escritos máis habituais da práctica da avogacía. Pola súa banda, "As leis en galego” é o título doutro novo recurso, unha páxina web na que se ofrece unha recompilación dos textos legais publicados en galego.

Fonte: CTNL

A Xunta de Galicia presenta o primeiro dicionario enciclopédico en lingua galega sobre as TIC

A lingua galega conta xa co primeiro dicionario enciclopédico sobre novas tecnoloxías. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela, participaron na presentación do Dicionario galego das TIC ou Digatic, un traballo que pretende divulgar a terminoloxía das novas tecnoloxías en lingua galega e ser, ademais, unha ferramenta pedagóxica para o seu uso e difusión no ensino e entre a cidadanía en xeral.

Fonte: Xunta de Galicia

As Cortes de Aragón aproban a Lei de uso, protección e promoción das linguas propias de Aragón

O pleno das Cortes de Aragón aprobou en sesión plenaria a Lei de uso, protección e promoción das linguas propias de Aragón, decisión que supón o final dunha tramitación que se iniciou o pasado mes de setembro cando o PSOE presentou a proposición da lei.

Fonte: Cortes de Aragón

O Goberno galego preséntalle á sociedade as bases do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presentoulle á sociedade a proposta de decreto que regulará o uso das linguas oficiais e estranxeiras no sistema educativo non universitario e que substituirá o Decreto 124/2007. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego fixo públicas as liñas principais que rexen as bases do decreto, que foron desenvolvidas detalladamente polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.

Fonte: Xunta de Galicia

O Departamento vasco de Sanidade quere alcanzar "na maior brevidade" o bilingüismo

O Departamento de Sanidade do Goberno vasco pretende alcanzar "na maior brevidade posible" un tratamento "o máis igualitario posible" en éuscaro e castelán, non só na súa páxina web, senón tamén "noutros ámbitos da comunicación".

Fonte: El Correo Digital

Cataluña subtitulará ou dobrará ao catalán a metade das películas

A metade das películas de produción estadounidense terán que proxectarse dobradas ou subtituladas en catalán nas salas de Cataluña. Esta é unha das medidas que incorpora a futura lei do cine que aprobou a Generalitat de Catalunya.

Fonte: ADN

A Consellería de Educación continúa coa rolda de contactos por mor das Bases para a elaboración do Decreto do plurilingüismo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, continúan coa rolda de contactos con asociacións relacionadas coa Educación, coas que se está a falar sobre as bases para elaborar o Decreto do plurilingüismo. Deste modo, continúase coas entrevistas nas que ata o vindeiro luns se escoitarán as suxestións de representantes políticos, académicos, sindicais e das asociacións de pais.

Fonte: Xunta de Galicia

La Consejería de Educación continúa los contactos para tratar las Bases para la elaboración del Decreto del plurilingüismo

El Consejero de Educación y Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, y el secretario general de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, continúan con la ronda de contactos con asociaciones relacionadas con la Educación, con las que se está hablando sobre las bases para elaborar el Decreto del plurilingüismo. De este modo, se continúa con las entrevistas en las que hasta el próximo lunes se escucharán las sugerencias de representantes políticos, académicos, sindicales y de las asociaciones de padres.

Política Lingüística impulsa o programa de promoción do galego nos centros educativos de Castela e León con novas actividades

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia segue a impulsar o fomento do uso da lingua galega nos territorios limítrofes con Castela e León coa organización de novas actividades para o programa de ensino en galego que se desenvolve nas provincias de León e Zamora.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder