Destacada

A rexión africana dos Grandes Lagos está disposta a adoptar o suahili como lingua oficial

A rexión dos Grandes Lagos adoptará proximamente o suahili como lingua oficial despois de que a proposición fose recentemente aprobada por unha rotunda maioría polos ministros de Asuntos Exteriores dos países que conforman esta rexión.

Fonte: iciLome

Unha sección do libro galego difundirá a literatura e o idioma de Galicia na rede de bibliotecas de Bos Aires

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia colaborará coa rede de bibliotecas da cidade de Bos Aires na creación dunha sección do libro galego, co fin de difundir e promover o idioma e a literatura da comunidade en Arxentina.

Fonte: Europa Press

A Consellería de Educación de Valencia cifra nun 40 % o crecemento do ensino en valenciano nos últimos sete anos

A Consellería de Educación cifrou en preto dun 40 % o crecemento do ensino en valenciano nos últimos sete anos xa que este curso finalizou con 56.849 alumnos máis que no de 2001-02, ao pasar de 140.000 a 196.849 estudantes, segundo informou a Generalitat de Valencia nun comunicado.

Fonte: Europa Press

Comezan as Festas dos Axóuxeres, que farán gozar os bebés e o resto da familia a través do galego e a música

Chega setembro e con el, ademais da volta ao cole, as Festas dos Axóuxeres, unha programación de música e palabra para os máis pequenos da casa que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

A simplificación da ortografía francesa convértese de novo en tema de debate

A cuestión sobre se cómpre simplificar a ortografía do francés volve ser motivo de debate como consecuencia da recente publicación dunha obra de François de Closets que leva por título Zéro Faute na que recomenda unha simplificación masiva da lingua francesa.

Fonte: 20minutes

A Universidade de Johannesburgo introducirá o sesotho sa leboa, o inglés, o afrikaans e o zulú como linguas oficiais

A Universidade de Johannesburgo lanzará a súa nova política lingüística, que introducirá o sesotho sa leboa, o inglés, o afrikaans e o zulú como as linguas oficiais da Universidade.

Fonte: Sowetan

Europa celebra o seu Día das Linguas o 26 de setembro

A Comisión celebra o 26 de setembro o Día Europeo das Linguas deste ano durante case unha semana. O acto central será unha conferencia sobre a aprendizaxe temperá das linguas. Ademais, inaugurarase a Plataforma Empresarial sobre Plurilingüismo, estrearase o vídeo "Interpréter pour l'Europe" (Interpretar para Europa) sobre o tema "O francés, ¿unha lingua minoritaria?", unha conferencia sobre "Como a tecnoloxía pode axudar os tradutores" e un debate acerca do plurilingüismo.

Fonte: Euroalert

Bitraga, a Biblioteca da Tradución Galega, recolle toda a produción da tradución galega desde 1980 ata a actualidade

Coordinada polas profesoras Ana Luna, Iolanda Galanes, Silvia Montero e Áurea Fernández, Bitraga compila a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos cara a e desde a lingua galega, co obxectivo de proxectar a importancia política e cultural da produción traducida.

Fonte: A Nosa Terra

A Xunta e a Universidade de Santiago desenvolven un programa para promover o galego e a integración dos estudantes estranxeiros

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron o programa Volangteer, un proxecto europeo que ten como obxectivo principal promover o uso do galego entre as persoas estranxeiras que estudan en Galicia e, desta maneira, aumentar o seu coñecemento da realidade sociocultural galega así como a súa integración, comprensión intercultural e solidariedade.

Fonte: Xunta de Galicia

O Goberno de Canadá pon en marcha unha nova ferramenta lingüística gratuíta en internet

Os internautas poderán en diante contar co novo Portal lingüístico de Canadá (www.noslangues.gc.ca), unha nova ferramenta en internet que lles permitirá encontrar de balde e nun único lugar todos os recursos relacionados coa lingua, incluído o servizo TERMIUM PLUS, un banco de datos que contén case catro millóns de termos en inglés, francés e español.

Fonte: Cyberpresse

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder