Destacada

Medio millón de nenos e nenas galegos participarán no programa Bocaberta que impulsa Política Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou o programa Bocaberta de dinamización do uso do galego entre os rapaces e rapazas. Bocaberta xorde da colaboración impulsada entre a Secretaría coas principais editoriais e unifica nun único programa diferentes actividades xa presentes en anos anteriores, pero con maior participación e orzamento e máis iniciativas.

Fonte: Xunta de Galicia

O Goberno de Navarra aproba un novo decreto de valoración do éuscaro no emprego público

O Goberno de Navarra aprobou un novo decreto foral sobre o coñecemento e uso do éuscaro na Administración co que unifica o tratamento e valora o éuscaro como mérito na zona vascófona e mixta para as prazas en que non sexa preceptivo.

Fonte: Diario de Navarra

O secretario xeral de Política Lingüística asegura que “a nosa lingua é a empresa de toda a sociedade galega”

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que “a nosa lingua é a empresa de toda a sociedade galega”. Lorenzo fixo estas declaracións no Pazo da Toxeiriña, no concello pontevedrés de Moraña, onde se realizou a sinatura pública dos convenios entre Política Lingüística e mais dez destacadas empresas de Galicia para promover o uso do galego nas súas relacións internas e externas.

Fonte: Xunta de Galicia

O boletín Novas de Linguas supera xa as 1000 persoas subscritas un ano despois da súa presentación pública

O día 20 de xuño cumpriuse un ano da presentación pública da web do Observatorio da Lingua Galega e do seu boletín. Ao longo destes doce meses, Novas de Linguas converteuse nunha fonte informativa de referencia en materia lingüística, principalmente a raíz da posta en marcha das súas versións en español e inglés. Neste momento, xa son máis de 1000 as persoas que reciben semanalmente a actualidade sobre a realidade lingüística mundial.

O programa Erasmus da Comisión Europea financiará cursos en vasco, catalán e galego

A Comisión Europea anunciou que, a partir do curso académico 2010-2011, o programa Erasmus financiará cursos intensivos de vasco, catalán e galego para os futuros estudantes Erasmus que desexen estudar en universidades onde se utilizan estas linguas.

Fonte: Eurolang

As páxinas web do goberno neozelandés suspenden no uso da lingua maorí

As páxinas web do Goberno central e local presentan poucos ou ningúns contidos na lingua maorí, malia ser unha lingua oficial de Nova Zelandia, segundo unha enquisa realizada por unha Comisión de Dereitos Humanos.

Fonte: Scoop

Televisión Castilla y León ofrecerá o primeiro informativo en lingua leonesa

O primeiro informativo en lingua leonesa que emite a televisión denomínase “Xornal Informativu en Llingua Llïonesa” e conta desde o mes de xullo cun espazo propio en Televisión Castilla y León. O informativo emitirase os sábados ás 20.15 horas e os luns ás 10.30 horas pola canle número 8 e terá dez minutos de duración.

Fonte: Leonoticias

Novas ferramentas dispoñibles en internet permitirán realizar unha análise máis avanzada da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, afirmou que desde Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria están “completamente decididos a potenciar a lingua galega a través dos novos recursos tecnolóxicos”.

Fonte: Xunta de Galicia

Os teléfonos móbiles en Perú terán menús en quechua e aimará

Os teléfonos móbiles en Perú terán os seus menús en quechua e aimará, as dúas linguas máis faladas despois do español, para facilitar a comunicación de aproximadamente un 15 por cento da súa poboación, segundo informou unha das operadoras de telecomunicacións.

Fonte: Finanzas

Os resultados da consulta do uso das linguas no ensino reafirman o carácter bilingüe da sociedade galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou os resultados da consulta ás familias sobre a utilización das linguas na educación non universitaria de Galicia que será o punto de partida para a elaboración do novo decreto do galego no ensino.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder