Destacada

O Vocabulario ortográfico da lingua portuguesa está dispoñible gratuitamente en internet

O Vocabulario ortográfico da lingua portuguesa (VOLP), publicado en outubro de 2009 por Porto Editora, está dispoñible gratuitamente en internet en www.infopedia.pt, segundo anunciou a editorial. A responsable do departamento de dicionarios de Porto Editora, Graciete Teixeira, xustifica a dispoñibilización da obra en internet coa fase de transición ortográfica de cara á aplicación do novo acordo ortográfico.

Fonte: Expresso

Euskadi, Cataluña, Galicia e Baleares piden que a axenda económica de Europa de 2020 promova o multilingüismo

Os Gobernos de Euskadi, Cataluña, Galicia e Baleares, reunidos en París con motivo da feira Expolangues 2010, acordaron reclamar de forma conxunta que a axenda económica de Europa de 2020 promova o multilingüismo. Desta forma, trasladaranlle á Comisión Europea un documento no que destacan "as oportunidades" que se abren co recoñecemento da diversidade lingüística que consideran "ineludible".

Fonte: Europa Press

A Unesco celebrará o Día Internacional da Lingua Materna

Desde o ano 2000, cada 21 de febreiro festéxase esta data para poñer de relevo a importancia da diversidade cultural e lingüística e da educación plurilingüe. Este décimo primeiro aniversario enmárcase nas actividades do Ano Internacional de Achegamento das Culturas 2010, dixo a directora xeral da Organización das Nacións Unidas para a Ciencia, a Educación e a Cultura (Unesco), Irina Bokova, na súa mensaxe de conmemoración.

Fonte: Prensa Latina

O catalán podería converterse no décimo idioma de emisión de Euronews

O catalán é un bo candidato a converterse no décimo idioma de emisión de Euronews. E facelo realidade non sería tan custoso se se puxesen de acordo Televisió de Catalunya, IB3 (a televisión de Baleares) e Canal 9 (Comunidade Valenciana). Esa é a idea que puxo sobre a mesa Philippe Cayla, presidente da canle de información multilingüe financiada polas televisións públicas europeas.

Fonte: El Periódico

A Fundación Casares e a Escola de Arte Dramática achegan o teatro en lingua galega a nenos e mozos

A Fundación Carlos Casares e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) poñen en marcha Proxecto Toromelos, unha iniciativa de promoción do teatro para a infancia e a mocidade. O proxecto foi presentado na escola viguesa e contou coa presenza de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación, que patrocina este programa dirixido aos escolares de toda Galicia.

Fonte: La Voz de Galicia

Política Lingüística reivindica o Plan xeral de normalización da lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística reivindica o Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNL) como 'documento de referencia' na acción en materia idiomática da Xunta no ano 2009, ademais de destacar que 'máis de 100' actuacións levadas a cabo se enmarcan na devandita planificación, que inclúe un total de 445 medidas.

Fonte: A Nosa Terra

O decreto do plurilingüismo garante unha competencia plena nas linguas oficiais e impulsa a aprendizaxe de idiomas estranxeiros

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron en rolda de prensa o borrador do proxecto do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario, un texto que “garante o equilibrio entre as dúas linguas oficiais de Galicia e dá entrada a unha terceira lingua”, segundo indicou o máximo responsable de Educación do Goberno galego.

Fonte: Xunta de Galicia

O Senado vota en bloque o apoio á Real Academia Galega do Estado

O Pleno do Senado aprobou por unanimidade unha moción na que se lle solicita ao Goberno español que inclúa a Real Academia Galega (RAG) na partida orzamentaria do Ministerio de Educación, para establecer así unha asignación anual de maior "estabilidade e seguridade" que coas subvencións.

Fonte: Galicia Hoxe

Euskadi, Cataluña, Galicia e Baleares entregan a Eroski o II Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe

O Goberno vasco, a Generalitat de Catalunya, a Xunta de Galicia e o Goberno das Illas Baleares entréganlle á empresa vasca Eroski o II Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español.

Fonte: Europa Press

942 centros de ensino público recibirán 800.000 euros para realizar actividades que promovan o galego no ámbito educativo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de lles asignar os 800.000 euros de axudas para fomentar o galego no sistema educativo a un total de 942 centros de ensino de toda a comunidade galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder