Destacada

A Universidade de Santiago de Compostela presenta unha guía de criterios de linguaxe non sexista

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero, unha guía de criterios de linguaxe non sexista. Esta guía pretende ser un apoio no labor de redacción e creación textual para toda a comunidade universitaria, en especial para as persoas nas que recae a responsabilidade de difundir información institucional.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A creación da Irmandade da Sanidade Galega suporá un impulso para a extensión do uso do galego no ámbito sanitario

Para recuperar o vello espírito do galeguismo científico e humanístico nace a Irmandade da Sanidade Galega (Isaga); e faino coa vontade de ser herdeira da Escola Médica Galega, na que terán tamén cabida todos os profesionais da sanidade amais dos médicos: enfermeiros, boticarios, persoal de xestión administrativa, traballadores sociais etc. Todos farán posible o rexurdimento dun movemento que dignifique a lingua galega e o respecto dos dereitos lingüísticos dos doentes.

Fonte: Galeguizar Galicia

A promoción social da lingua galega inicia unha nova etapa coa constitución da Rede de Dinamización Lingüística

A promoción social da lingua galega inicia unha nova etapa coa constitución da Rede de Dinamización Lingüística. Esta iniciativa, pioneira no fomento do galego desde as administracións públicas, quedou formalmente constituída nunha sesión celebrada na capital de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Concurso de carteis para celebrar nos centros educativos o Día das Letras Galegas 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para promover a celebración do Día das Letras Galegas 2012 nos centros educativos. Con este obxectivo, propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da época e da lingua de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o 17 de maio do ano que vén, así como da situación sociolingüística do momento no que viviu.

Fonte: Xunta de Galicia

Tres exposicións percorren Galicia para dar a coñecer a vida e a obra de destacados autores da literatura galega

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Lois Pereiro e Xosé Neira Vilas están a percorrer Galicia a través de tres exposicións coas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos pretenden difundir a vida e a obra destes recoñecidos escritores da literatura galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A campaña Xantar Compostela difundirá 150 000 manteis con xogos en galego para promover o idioma desde a hostalería

A campaña de dinamización lingüística Xantar Compostela pon en marcha novas accións para promover o uso do galego desde a hostalería. Con este fin, a iniciativa difundirá 150 000 manteis con xogos e palabras en galego entre establecementos do sector de Santiago de Compostela e comarca, que lles permitirán aos clientes e clientas achegarse á lingua propia de Galicia no tempo de xantar.

Fonte: Xunta de Galicia

A lingua galega amosa a súa presenza nas industrias culturais en Culturgal 2011

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, achega ao público produtos e servizos culturais en lingua galega: novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais.

Fonte: Culturgal

Unha tradución ao galego gaña por primeira vez o premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos

A Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos (AEDEAN) nunca outorgara o seu premio nacional a unha tradución nunha lingua que non fose o español, unha liña que agora vén de quebrarse coa concesión do galardón á versión galega do clásico da literatura medieval inglesa Beowulf, realizada polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo e especialista en literatura medieval Jorge Luís Bueno.

Fonte: Duvi

A lingua galega acode a unha nova cita coa historia coa publicación do primeiro Dicionario Xurídico Galego

O galego conta cun novo recurso lingüístico para favorecer e facilitar o uso do idioma na actividade da xustiza. Trátase do primeiro Dicionario Xurídico Galego, unha obra promovida pola Revista Xurídica Galega e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que acaba de publicar Edicións Xerais de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade da Coruña estrea dicionario de química en galego

A Universidade da Coruña é a responsable da edición desta obra, que consta de 7000 lemas que incorporan as últimas actualizacións internacionais de nomenclatura. O libro elaborouse co asesoramento de especialistas en química e en lingua galega e en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística.

Fonte: La Opinión

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder