Destacada
Convocadas as axudas á edición de libros de texto para favorecer a aprendizaxe en galego nas aulas

Garantir unha oferta ampla e de calidade de material educativo que favoreza a aprendizaxe do galego nas aulas. Este é o principal obxectivo da convocatoria de axudas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no Diario Oficial de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Os concellos xa poden solicitar as axudas da Xunta para a dinamización da lingua galega no ámbito local

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no Diario Oficial de Galicia a orde de subvencións do 16 de decembro de 2011 dirixida ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Convocados os cursos de lingua galega para preparar as probas Celga en 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para o ano 2012 un total de 125 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. O Diario Oficial de Galicia do 9 de xaneiro publica a orde pola que se anuncia esta oferta de formación, voluntaria e gratuíta, dirixida a particulares (adultos) que desexen participar nos cursos e tamén a colectivos, entidades e/ou asociacións interesados en organizalos.
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística abre o prazo de inscrición para as probas Celga en 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Diario Oficial de Galicia, publicou a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de competencia en lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García realiza a súa primeira visita institucional á Real Academia Galega

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, realizou a súa primeira visita institucional á Real Academia Galega, onde mantivo un encontro co seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín. Na xuntanza, que tivo lugar na sede da RAG na Coruña, tamén estiveron presentes os membros da comisión executiva da entidade Xosé Luís Axeitos, secretario; Manuel González González, tesoureiro, e Francisco Fernández Rei, que é o vicesecretario.
Fonte: Xunta de Galicia
Os libros editados en galego ascenderon a 1855 durante o ano 2011

As editoriais galegas publicaron en 2011 un total de 2996 títulos, o que supón un 2,9 % do total de España, dos cales 1855 foron en galego.
Fonte: La Opinión
Cultura aposta polo traballo conxunto na Rede de Dinamización Lingüística a prol do galego como proxecto común

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a apostar polo traballo conxunto a prol da lingua galega no marco da Rede de Dinamización Lingüística, un “proxecto pioneiro nas administracións galegas”, posto en marcha polo actual Goberno da Xunta.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación impulsa a dinamización do galego e a innovación educativa a través do programa Nós tamén creamos!

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou en rolda de prensa o programa Nós tamén creamos!, unha nova iniciativa para a dinamización da lingua galega e para a innovación educativa nos centros de infantil e primaria.
Fonte: Xunta de Galicia
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Materna

A directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, defendeu a importancia de protexer as linguas do mundo con motivo do Día Internacional da Lingua Materna o 21 de febreiro. A diversidade lingüística e cultural ten unha importancia estratéxica no fortalecemento da unidade e a cohesión das sociedades. Por este motivo, en 1999, co fin de recoñecer a importancia desta diversidade, a UNESCO proclamou o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna.
Fonte: UNESCO
Nace Dioivo, un novo medio dixital en galego

O mércores 29 de febreiro tivo lugar o lanzamento de www.dioivo.eu, un novo medio dixital en galego creado por un grupo de xornalistas que decidiu tomar a iniciativa e poñer en marcha un novo espazo de información.
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín