Destacada
Google inclúe o catalán, o vasco e o galego ás súas buscas por voz

O servizo de buscas por voz de Google, Voice Search, responde a 13 novas linguas entre as que se encontran o catalán, o galego e o éuscaro. A compañía de Mountain View (California) informou de que o búlgaro, o portugués, o finés, o húngaro, o islandés, o noruegués, o romanés, o serbio, o eslovaco e o sueco tamén se engadiron ao servizo.
Fonte: Diario Vasco
O popular xogo para dispositivos móbiles Apalabrados podería ter versión en galego en breve

O popular xogo para dispositivos móbiles, con máis de dous millóns de usuarios en todo o planeta e dispoñible en doce linguas, entre elas o catalán e o éuscaro, podería ter versión en galego en breve, pois o fabricante, Etermax, atópase en contacto coa Real Academia Galega, segundo publicou a revista especializada Código Cero.
Fonte: Praza Pública
Un estudo da revista Science sitúa a orixe das linguas indoeuropeas en Turquía

A orixe común da gran maioría de linguas europeas podería estar na península de Anatolia, no que hoxe é Turquía. Esa é a conclusión dun estudo que publica a revista Science e levado a cabo por un grupo de investigadores europeos, americanos, australianos e neocelandeses.
Fonte: Praza Pública
Catro mozos poñen en marcha Vintecinco.com, unha rede social en lingua galega

Javier, Pablo, Nadia e Óscar teñen arredor de vinte e cinco anos e son usuarios das redes sociais. Precisamente esas dúas características son as que conflúen no seu proxecto “Vintecinco.com”, unha rede social en galego que están a desenvolver.
Fonte: Culturagalega.org
O Premio de Narrativa Breve Repsol, co que colabora Cultura e Educación, recae na VI edición en María López Sández

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer, acompañado de César Gallo –vicepresidente da Fundación Repsol- e mais do escritor Xavier Alcalá –voceiro do xurado e encargado de ler a acta do veredicto- a nova gañadora da VI Edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
Fonte: Xunta de Galicia
A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago edita un volume de termos de dereito internacional en tres idiomas

Os profesores Javier Maseda e Carlos Teijo son os autores da publicación Termos esenciais de dereito internacional que se acaba de presentar en formato papel e que recolle a terminoloxía básica deste ámbito.
Centos de cidades europeas celebran o Día Europeo das Linguas

Centos de cidades europeas celebran o Día Europeo das Linguas, nunha iniciativa conxunta da Comisión Europea (CE) e o Consello de Europa, coa que se pretende motivar a xente nova a coñecer novos idiomas e a beneficiarse da diversidade cultural da Unión Europea (UE).
Fonte: Fundéu
A Xunta de Galicia promove o uso do galego entre o empresariado como lingua de negocios no mundo

A Xunta de Galicia presentou a campaña “O galego, chave para os teus negocios no mundo”, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e posta en marcha en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE).
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase na Universidade de Vigo un estudo sobre a proxección da literatura en lingua galega no exterior

A tradución pode servir como indicador da situación de normalización da lingua e da cultura galegas. Esta é unha das conclusións do estudo realizado polo grupo de investigación Bitraga baixo o título Tradución dunha cultura emerxente. A literatura galega contemporánea no exterior.
Fonte: Universidade de Vigo
Cultura e Educación promove o obradoiro internacional de tradución poética ‘Con barqueira e remador’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove Con barqueira e remador, o primeiro obradoiro internacional de tradución poética que acollerá Galicia entre o 29 de outubro e o 3 de novembro na Illa de San Simón.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín