Destacada

A Rede de Dinamización Lingüística, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, celebra o Nadal con numerosas actividades

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que promove a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, celebra o seu primeiro Nadal ofrecéndolle á cidadanía interesantes actividades de promoción da lingua galega enmarcadas en dous programas de dinamización: FalaRedes e Nadal en Rede.

Fonte: Xunta de Galicia

Ponse en marcha un novo portal web para finalizar a tradución de Twitter ao galego

Un novo portal, Chío!, explica que a rede social aínda non está no idioma galego, malia que a tradución está case finalizada, porque "non hai suficientes votacións polos termos traducidos".

Fonte: Galicia Confidencial

Xa está dispoñible para a súa descarga o Firefox 18 en galego

Os servidores FTP de Mozilla contan, antes do seu anuncio oficial, coa versión definitiva do Firefox 18, nova versión do navegador web que xa está dispoñible para a súa descarga en galego para Windows, OS X e Linux.

Fonte: Código Cero

Unha serie de obradoiros arrouparán a celebración do décimo aniversario da Galipedia, a sección en galego da Wikipedia

O vindeiro mes de marzo a Galipedia celebra o seu décimo aniversario e para tal celebración están a organizar distintas actividades por toda Galicia entre as que destacan especialmente obradoiros de edición en creación de contidos na Wikipedia en galego.

Fonte: Código Cero

Nace Vituin, unha nova plataforma social galega e en galego

Unha nova plataforma social chega a internet baixo o nome de Vituin, que presume de ser “a rede social de Galicia” e destaca por estar dispoñible en inglés, español, portugués e galego.

Fonte: Código Cero

A rede Meta-Net confirma o potencial da tradución automática na supervivencia das linguas en risco como a galega

A rede de excelencia Meta-Net, constituída por 60 centros de investigación de 34 países, entre eles o Grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo, vén de presentar unha folla de ruta para o desenvolvemento de novas tecnoloxías da linguaxe con potencial para facer da rica variedade idiomática de Europa un factor determinante de crecemento económico e social.

Fonte: Código Cero

O conselleiro de Cultura e Educación presenta o Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou un novo recurso terminolóxico orientado a facilitar o uso do galego no sector da restauración. Trátase do Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés, elaborado no seo do Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica Galega Termigal e coordinado polo lingüista Manuel González González.

Fonte: Xunta de Galicia

O Microsoft Office 2013 xa está dispoñible en galego, catalán e éuscaro

O compromiso de Microsoft coas distintas linguas do Estado é cada vez maior. Windows 8 estivo dispoñible en galego dende o mesmo día do seu lanzamento oficial e pola tradución do paquete ofimático de Microsoft apenas houbo que agardar 10 días, pois xa se publicaron os paquetes de idiomas de interface de Microsoft Office 2013 correspondentes ao galego, o catalán e o éuscaro.

Fonte: Código Cero

Twitter incorpora o galego grazas á contribución de tradutores voluntarios

Dende Twitter anuncian que incorporan o romanés e o galego grazas á colaboración de toda unha comunidade de tradutores que facilitaron que esta plataforma estea dispoñible en máis de 35 linguas.

Fonte: Código Cero

A Xunta pon en marcha o Dicionario xurídico en liña para todos os profesionais das administracións públicas galegas

Os 90 000 empregados públicos da Administración autonómica e os traballadores dos concellos galegos teñen a partir de agora acceso ao Dicionario xurídico galego en liña. Esta ferramenta, froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica, a Consellería de Cultura e Educación e mais Edicións Xerais, contribuirá á normalización da lingua propia de Galicia no ámbito xurídico-administrativo.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder