Destacada

O galego segue a campar nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia

As consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar seguen a promover o galego nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia mediante 'O galego campa!'.

Fonte: Xunta de Galicia

Xerais anuncia a próxima publicación en galego do novo álbum de Astérix

Hai uns días Xerais daba a coñecer o seu plan editorial para os meses de setembro e outubro e nel anunciaba a próxima publicación en galego do novo álbum de Astérix, que levará por título Astérix e os pictos. A nova aventura dos irredutibles galos chegará ás librerías de Galicia o vindeiro 24 de outubro, a data sinalada internacionalmente para a saída do álbum, tanto na súa versión orixinal en francés coma traducido a máis de vinte idiomas.

Fonte: Praza Pública

Un total de 54 aspirantes concorren a 13 prazas de lingua, literatura e cultura galegas nos lectorados de Cultura e Educación

A Escola Galega de Administración Pública acolleu a fase de entrevistas persoais contemplada no proceso de selección de profesores-lectores para 13 dos 29 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en varias universidades. Ao proceso de selección concorreron un total de 205 solicitudes, das cales superaron 135 a primeira fase de valoración curricular de méritos, correspondentes a 54 aspirantes.

Fonte: Xunta de Galicia

Un estudo certifica o potencial da publicidade en lingua galega

Un traballo do profesor Alberto Pena defende a eficacia comercial de falarmos aos nosos clientes na lingua que estes saben súa, sexan quen de falala ou non. Na devandita investigación, publicada polo Consello da Cultura Galega baixo o título Os novos horizontes da industria publicitaria, analiza os efectos do uso das especificidades culturais do país no ámbito comercial, incidindo na idea de que calquera cultura que aposte por construír o seu propio discurso publicitario será máis competitiva no mercado internacional.

Fonte: Código Cero

Vázquez Abad presenta unha nova edición do Programa de Dinamización Lingüística ‘Os Axóuxeres’ neste Día Europeo das Linguas

A Consellería de Cultura e Educación escolleu o Día Europeo das Linguas para presentar unha nova edición do programa de dinamización lingüística 'Os Axóuxeres', dirixido aos máis pequenos da casa e ás súas familias.

Fonte: Xunta de Galicia

Ponse en marcha a iniciativa #AndroidEnGalego para conseguir a tradución deste sistema operativo á lingua galega

Acaba de poñerse en marcha a campaña #AndroidEnGalego, unha iniciativa coa que se quere visualizar a necesidade de que Google habilite o galego como unha opción de idioma máis no sistema operativo base de Android, xa que actualmente queda en mans dos fabricantes a decisión de introducir ou non o galego como opción.

Fonte: #AndroidEnGalego

A campaña "Gústame o galego" segue a sumar apoios para a normalización lingüística

Xa son máis de 5000 as persoas que participaron sacando e difundindo unha foto cun lema en apoio ao proceso de normalización da lingua galega, máis de 10 000 as persoas seguidoras en Facebook, máis de 50 as sesións de photocall e un alcance na rede que, nalgunhas semanas, rolda as 70 000 persoas.

Fonte: CTNL

Galicia, Euskadi e Cataluña reúnense para impulsar accións conxuntas de promoción do uso das linguas cooficiais

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e mais o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiron na Cidade da Cultura de Galicia os titulares de Política Lingüística dos gobernos do País Vasco e de Cataluña, Patxi Baztarrika e Ester Franquesa, respectivamente. Fixérono no marco da reunión anual de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística no que participan a Xunta de Galicia, a Generalitat de Cataluña e o Gobierno Vasco-Eusko Jaurlaritza.

Fonte: Xunta de Galicia

O ‘Dicionario de pronuncia da lingua galega’, promovido polo ILG e mais por Cultura e Educación, estrea nova edición ampliada

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación pública da edición ampliada e mellorada do Dicionario de pronuncia da lingua galega, promovido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

A Asociación PuntoGal recibirá o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua

O Premio da Cultura Galega da Lingua pretende salientar o traballo da Asociación PuntoGal, nacida dende a sociedade galega, que busca contribuír á creación dun espazo galego na internet no que poder agrupar a meirande parte dos contidos en galego, así como outros contidos que estean vinculados dalgún xeito coa nosa cultura.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder