Destacada

Cultura e Educación levou o programa ‘Nadal en Rede’ a máis de 60 concellos da Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pechou a segunda edición do programa “Nadal en Rede”, no marco do cal máis de 60 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia recibiron actividades de lecer destinadas á promoción do uso do galego na celebración das festas propias do Nadal.

Fonte: Xunta de Galicia

O proxecto educativo ‘Fala Londres’, que promove o uso do galego no exterior, acada un novo recoñecemento

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da cal a Consellería de Cultura e Educación fai posible o ensino da lingua galega no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, fai pública a súa satisfacción polo novo recoñecemento do proxecto educativo Fala Londres, creado polo profesor de galego do centro, Xaime Varela.

Fonte: Xunta de Galicia

As oficinas de Google reciben 4300 sinaturas reclamando Android en galego

Os promotores da campaña #AndroidEnGalego veñen de facer efectivo o envío das 4300 sinaturas recollidas para reclamarlle a Google a tradución da base de Android ao galego. A carta recolle algúns dos argumentos nos que se basea a reclamación, como a importancia da comunidade lingüística do galego, de máis de tres millóns de persoas en todo o mundo, ou a existencia dunha gran comunidade de desenvolvedores de aplicacións en Galicia.

Fonte: Praza Pública

O galego universalízase cun novo grupo de investigación nos Estados Unidos

En setembro de 2013 botaba a andar o Grupo de Investigación en Estudos Galegos da Universidade de Wisconsin-Milwaukee da man dun incansable investigador e impulsor do noso idioma, Gabriel Rei-Doval, e co obxectivo de universalizar e afondar no estudo da lingua galega.

Fonte: Galicia Confidencial

A República de Platón e Elementos de Euclides incorpóranse á colección de Clásicos do Pensamento Universal

Elementos de Euclides e A República de Platón son os dous novos volumes que se incorporan á colección Clásicos do Pensamento Universal, coeditada pola Universidade de Santiago e a Fundación BBVA.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Vázquez Abad inaugura ‘Nimbos de luz’, a mostra itinerante promovida pola Xunta para celebrar as Letras Galegas 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu na Casa Habanera de Guitiriz a inauguración da mostra temporal ‘Nimbos de Luz’. A exposición, impulsada polo departamento que dirixe, enmárcase no programa anual de actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2014 posto en marcha desde a Xunta de Galicia en colaboración con outras entidades e institucións.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa está dispoñible Galegram, unha aplicación de mensaxería instantánea en galego

Galegram, que emprega a estrutura de Telegram e é totalmente compatible con ela, está dispoñible en galego e ademais incorpora unha personalización gráfica con elementos do país.

Fonte: Praza Pública

Vázquez Abad participa na presentación de ‘Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas. O pergamiño Vindel’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na presentación da obra Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas. O Pergamiño Vindel. Unha publicación que, editada conxuntamente por este departamento da Xunta de Galicia, polo Parlamento galego e pola Real Academia Galega (RAG), conmemora o centenario da descuberta do pergamiño que deu a coñecer sete cantigas de amigo do xograr galego Martín Códax, atopado polo bibliófilo Pedro Vindel en 1914.

Fonte: Xunta de Galicia

O Parlamento galego aproba a Iniciativa Lexislativa Popular Paz Andrade que implica a introdución do portugués no ensino

Incorporar o portugués ao ensino, desenvolver relacións con países de lingua oficial portuguesa e participar nos foros da lusofonía e facilitar a recepción das radios e televisións do país veciño. Estes son os eixes da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade logo de ser apoiada por máis de 17 000 sinaturas.

Fonte: Culuragalega.org

Inaugúrase a mostra coa que a Xunta de Galicia, o Parlamento galego e a RAG conmemoran o 50º aniversario das Letras Galegas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto inaugural da mostra “51 páxinas das nosas Letras”, que acolle estes días o concello ourensán do Carballiño no marco da itinerancia que está a ter en numerosos puntos da xeografía galega durante este ano.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder