Destacada
Elixen a Universidade de Santiago como sede dun proxecto de inmersión lingüística para un centenar de estudantes brasileiros

O engadido de calidade que supón ofrecer actividades no Camiño de Santiago foi decisivo para que a Universidade de Santiago de Compostela fose elixida entre máis de corenta propostas para ser a sede na que un centenar de estudantes brasileiros entre 16 e 19 anos participen nun proxecto de inmersión lingüística, emprendemento e liderado.
Fonte: La Voz de Galicia
Ponse en marcha Vigo Dixital, un novo xornal en liña en lingua galega

Vigo Dixital é un novo diario en liña centrado na actualidade da principal cidade do país, xurdido das cinzas dunha chea de medios xa desaparecidos co firme obxectivo de facer tres cousas: tirar o máximo proveito das posibilidades das novas correntes de comunicación en liña (participativas, colectivas, transparentes), informar en galego a tempo completo e achegarse á veciñanza tanto como sexa posible.
Fonte: Código Cero
Publícase a primeira tradución ao inglés de ‘Nimbos’, o poemario de Xosé María Díaz Castro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe a difundir no exterior a obra de Xosé María Díaz Castro coa primeira tradución ao inglés do poemario Nimbos, realizada por John Rutherford.
Fonte: Xunta de Galicia
Celébranse en Madrid as Xornadas Internacionais ‘Literatura galega: identidade, alteridade e exilio’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza en Madrid as Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 “Literatura galega: identidade, alteridade e exilio”, por medio do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade Complutense de Madrid, dependente da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello da Cultura Galega acolle os XVI Encontros para a Normalización Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García Gómez, asistiu á inauguración da XVI edición dos Encontros para a Normalización Lingüística que, como cada ano, organiza o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega (CCG).
Fonte: Xunta de Galicia
O III Obradoiro Internacional de Tradución Poética reúne na illa de San Simón sete recoñecidos poetas de diversas nacionalidades

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis co Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’, que na súa terceira edición reunirá durante unha semana na illa de San Simón, en Redondela, sete recoñecidos poetas e, á vez, tradutores literarios procedentes de diversos países.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación participa en Braga na xornada ‘Perspectivas da lingua portuguesa’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Braga na xornada “Perspectivas da lingua portuguesa” que organizan a Comisión Temática de Promoción e Difusión da Lingua Portuguesa dos Observadores Consultivos da Comunidade dos Países da Lingua Portuguesa (CPLP) e a Universidade do Minho.
Fonte: Xunta de Galicia
Lollipop será a primeira versión oficial de Android en galego

Android 5.0 Lollipop incorpora quince novas linguas entre as que figuran o éuscaro e o galego, o que permitirá que poidamos gozar dun inmenso número de smartphones en galego e facilitará que as aplicacións móbiles poidan presentárselle ao usuario nesta lingua.
Fonte: Código Cero
A Xunta conmemora o décimo aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a Galeguidade Empresarial

A Xunta de Galicia conmemorou no Parlamento o décimo aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) e o Día da Galeguidade Empresarial. Fíxoo a través dun acto que organizaron conxuntamente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Foro Enrique Peinador e a Cámara Galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Varios concellos ourensáns promoverán o uso do galego nos cemiterios

Varios concellos ourensáns traballarán para que as lápidas dos seus galegofalantes falecidos estean escritas na súa lingua. Esta iniciativa, que xorde da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, fíxose realidade no acto de conmemoración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia.
Fonte: La Región
Boletín
Subscríbase ao boletín