Destacada

O galego sitúase entre as dez linguas que acadan o 100 % de tradución no Ubuntu 14.10

O galego sitúase entre os únicos dez idiomas do mundo que acadan o 100 % de localización, por riba de linguas coma o chinés e xunto ao alemán, ao español ou ao portugués cunhas comunidades de usuarios e colaboradores moito máis numerosas.

Fonte: Código Cero

Un libro analiza a toponimia e a antroponimia galegas de orixe celta e enlaza Galicia con países europeos

Fernando Cabeza Quiles é o autor do libro titulado A toponimia celta de Galicia, publicado pola editorial Toxosoutos de Noia na súa colección Serie Keltia. O volume, de máis de 500 páxinas e de recente aparición, trata sobre a toponimia galega, antiga e actual, de orixe celta, establecendo relacións e correspondencias con outros topónimos que tamén existen noutros países europeos onde viviron os celtas.

Fonte: Galicia Hoxe

A Modern Language Association conta xa cunha sección de lingua e literatura galegas

O pasado ano unhas trescentas sinaturas de profesores universitarios, alumnos e tamén reitores e decanos de centros de todo o planeta apoiaron unha proposta dirixida á Modern Language Association en demanda de que os estudos sobre lingua e literatura galegas contasen cunha sección propia permanente e un grupo de debate de seu no seo desta entidade. Esa proposta vén de acadar o seu obxectivo.

Fonte: Praza Pública

Celébrase a duodécima edición da Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa

A Asociación Ponte… nas Ondas! celebra a duodécima edición da Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa, un acto dirixido ao público infantil das dúas beiras do Miño co obxectivo de transmitirlle o seu patrimonio lingüístico común (narración oral, cantos, danzas, música, xogos de lingua etc.).

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un proxecto transnacional favorece o acceso de empresas galegas a países lusófonos grazas ao impulso do coñecemento do portugués

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrou en Santiago de Compostela o seminario internacional ‘A lingua portuguesa e os negocios nos países lusófonos’, co que se pon o broche final ao proxecto transnacional EMPORT liderado polo departamento educativo da Xunta de Galicia para favorecer o acceso das nosas empresas aos países lusófonos.

Fonte: Xunta de Galicia

Neira Vilas reivindica o galego na gala dos Premios da Cultura

Na gala de entrega dos Premios da Cultura Galega reivindicou que é "un orgullo para todos pensar que este pequeno país ten un idioma propio" no que se escribe unha literatura que "está á altura de calquera literatura europea".

Fonte: Faro de Vigo

O galego estúdase en 37 universidades de todo o mundo

Lectorados e cátedras de estudos galegos por todo o mundo espallan a cultura e a lingua de Galicia entre universitarios que ás veces complementan os seus estudos cos das outras linguas do Estado e o portugués.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia presenta ‘Un Nadal mozo e en galego. Guía de agasallos para a xente nova’

As consellerías de Traballo e Benestar e de Cultura e Educación, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, respectivamente, deron a coñecer ‘Un Nadal mozo e en galego. Guía de agasallos para a xente nova’, a nova proposta dixital coa que a Xunta de Galicia quere animar a cidadanía, nomeadamente a mocidade e as familias novas, a apostar nestas datas festivas por agasallar produtos galegos e en galego.

Fonte: Xunta de Galicia

As tres universidades galegas fan fronte común ante o Ministerio de Educación para incrementar a produción científica en galego

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística acordou remitirlle ao Ministerio de Educación dous documentos para potenciar o uso e o recoñecemento dos idiomas cooficiais nas publicacións científicas, dúas propostas que foron asinadas polos reitores das tres universidades galegas.

Fonte: Praza Pública

“A Esmorga” optará a mellor guión adaptado nos Premios Goya

A Esmorga será candidata a mellor guión adaptado na gala de entrega dos premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Malia que se agardaba que a interpretación de Antonio Durán, Morris, Karra Elejalde ou Miguel de Lira fose recoñecida nos galardóns do cine español, ningún dos tres resultou finalista para os premios que se entregarán o vindeiro 7 de febreiro.

Fonte: Sermos Galiza

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder