Destacada
Valentín García presenta en Arteixo a nova edición do Programa de Dinamización Lingüística ‘Os Axóuxeres’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en rolda de prensa a nova edición do programa de dinamización lingüística ‘Os Axóuxeres’, que chegará desde esta fin de semana a 26 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para promover o uso do galego e a súa transmisión interxeracional.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta pon en marcha o portal da lingua galega, un novo sitio web máis atractivo e transparente para a cidadanía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron en Santiago, en rolda de prensa, o novo Portal da Lingua Galega, que substituirá desde agora o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Increméntase un 23 % a edición de libros en lingua galega

A edición de libros en galego incrementouse un 23 % en 2014, segundo un informe que elabora o Ministerio de Cultura a partir dos datos do ISBN, o que supón un total de 1763 títulos publicados nese ano. Entre os motivos apúntase a renovación de libros de texto, provocada pola entrada en vigor da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE), ou a edición dixital.
Fonte: Cultura Galega
Valentín García reúnese con empresarios da CEO para avanzar no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro de traballo con membros da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) centrado no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A tradución do éuscaro ao galego da obra 'Tempo de exilio' recibe o Premio de Tradución Etxepare-Laboral Kutxa

A editorial Kalandraka e o tradutor Isaac Xubín foron os galardoados con este premio pola tradución da colección de poemas Tempo de exilio de Joseba Sarrionandia. O acto de entrega celebrouse en Donostia coincidindo co Día Internacional da Tradución.
Fonte: El Día
Román Rodríguez e a Irmandade Galega de Adegueiros abordan o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantiveron unha xuntanza de traballo coa Irmandade Galega de Adegueiros (IRGADE) para abordar o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020, que pretende potenciar e ampliar o uso do galego no eido empresarial e cuxa aprobación está prevista para finais de ano.
Fonte: Xunta de Galicia
Gonzalo Hermo gaña o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2015

O poeta galego Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) resultou gañador do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2015 pola súa obra Celebración, escrita en lingua galega, considerada o mellor libro de poesía dun autor menor de 31 anos publicado en todo o Estado.
Fonte: Real Academia Galega
Case 7000 persoas gozaron coa xira ‘Os Bolechas, na máquina do tempo' do programa FalaRedes 2015 de Cultura e Educación

Este pasado domingo 25 de outubro rematou, en Ponteareas, a xira do espectáculo ‘Os Bolechas, na máquina do tempo’ do programa FalaRedes 2015 que, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, coa colaboración das deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra en concellos da súa competencia territorial.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación celebra o Día da Ciencia en Galego cunha homenaxe ao xeólogo Isidro Parga Pondal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrou o Día da Ciencia en Galego cunha actividade de dinamización lingüística dirixida a alumnado de Primaria no Museo de Historia Natural Luís Iglesias da Universidade de Santiago.
Fonte: Xunta de Galicia
Case 3000 persoas asistiron á xira ‘Os Axóuxeres’ 2015 programada pola Consellería de Cultura e Educación

Este pasado domingo 8 de novembro rematou, en Lalín, a xira de encontros ‘Os Axóuxeres’ que, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, promoveu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín