Destacada

O secretario xeral de Política Lingüística abre a XI Xornada Científica Realiter. Terminoloxía e Normalización

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, inaugurou no Consello da Cultura Galega a XI Xornada Científica Realiter. Terminoloxía e Normalización, onde destacou o papel da terminoloxía para que unha lingua sexa útil e empregable en calquera ámbito da vida.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Máis de 3.500 persoas estudan portugués en Galicia ao abeiro do cumprimento da Lei Paz-andrade

Máis de 3.500 persoas estudan portugués en Galicia ao abeiro das medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia en prol do cumprimento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e para afondar nos vínculos coa lusofonía, coñecida como Lei Paz-Andrade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Actualízase o Dicionario de pronuncia da lingua galega con máis termos e correccións

O Dicionario de pronuncia da lingua galega, creado pola Amtega e o Instituto da Lingua Galega, actualiza o seu repositorio engadindo 30 novos termos e algunhas correccións de sons anteriores.

Fonte: Código Cero

Falece Agustín Fernández Paz, un dos escritores máis lidos e traducidos da nosa literatura

Despois dunha longa enfermidade, morre en Vigo un dos autores máis queridos das letras galegas, o vilalbés Agustín Fernández Paz.

Fonte: Praza Pública

A Xunta de Galicia participa nos actos de celebración do 40º aniversario da autonomía dos Azores

A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na Rexión Autónoma dos Azores nos actos de celebración do 40º aniversario da autonomía do arquipélago, que se desenvolven ao longo deste ano para celebrar a toma de posesión da primeira Asamblea Lexislativa dos Azores, o 4 de setembro de 1976.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política Lingüística renova trece lectorados da rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta

A Secretaría Xeral de Política Lingüística concluíu na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a selección dos 12 novos lectores de lingua, literatura e cultura galegas que se incorporarán no curso académico 2016-2017 ás universidades de Barcelona, Bangor (Reino Unido), Heidelberg, Kiel, Leipzig (Alemaña), Varsovia (Polonia), Berlín (Alemaña), Lisboa (Portugal), Roma (Italia), Zádar (Croacia), Río de Xaneiro e San Paulo (Brasil).

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta vai impulsar a dinamización do uso do galego no tecido económico a través dun plan consensuado co sector

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta vai promover o uso do galego no ámbito económico a través do primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico. Este Plan ten como principal obxectivo o consenso porque busca precisamente aumentar a presenza do galego na economía e xeneralizar a convicción de que o galego no eido empresarial é útil.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A nova edición do Festival Beatleweek cantará os Beatles en galego, da man do grupo The Funkles

A edición 2016 do Festival Beatleweek, herdeiro do fenómeno coñecido como “Beatlemanía”, cantará por primeira vez Os Beatles na lingua propia de Galicia da man do grupo The Funkles.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convocada unha nova edición das probas de acreditación da lingua galega (Celga) para novembro

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convoca unha nova edición das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, neste ano de 2016.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Cultura e Educación renova a súa colaboración con seis universidades para o ensino da lingua e cultura de noso fóra de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará un total de 306 663,88 euros a renovar a súa colaboración coa Universidade de Salamanca, coa Uniwersytet Warszawski (Polonia), coa Sveucilište u Zadru (Croacia) e coas alemás Ruprecht- Karls- Universität Heibelberg, Freie Universität Berlin e Universität Leipzig.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder