Destacada

O fomento do galego na mocidade e a atracción de neofalantes serán dous dos eixes da política lingüística da Xunta para 2017

O secretario xeral de Política Lingüística sinalou que a atracción de neofalantes, o fomento da transmisión do idioma ou a promoción do uso do galego entre a xente nova serán algúns dos piares do seu departamento para o presente exercicio.

Fonte: Galicia Confidencial

Política Lingüística convoca as probas de acreditación do Celga para este mes de xuño

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución do 24 de marzo pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega nos niveis 1, 2, 3 e 4 no ano 2017 (ED114A).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A ópera galega ‘O Arame’ estrearase en xuño no Magdalen College de Oxford

A ópera galega O Arame estrearase o vindeiro 10 de xuño no Magdalen College de Oxford, como coprodución entre o Centro John Rutherford de Estudos Galegos, dependente da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Queen’s College da Universidade de Oxford e XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A nova edición do certame Feiraco-Letras Galegas convida a toda a cidadanía a festexar o 17 de maio

A nova edición do Certame de Microrrelatos Feiraco-Letras Galegas 2017 convida a toda a cidadanía a festexar o 17 de maio por sexto ano consecutivo. Impulsada pola cooperativa láctea galega que agora integra Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco das súas accións de responsabilidade social corporativa, a iniciativa busca renderlle tributo desde o ámbito da empresa ao autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares, e facer partícipe da celebración a todos os galegos e galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un millón de envases de leite de homenaxearán a Casares con motivo das Letras Galegas

Unha edición especial dun millón de envases de leite de Feiraco homenaxearán a Carlos Casares con motivo das Letras Galegas 2017, a través dunha nova campaña coa que a cooperativa agrogandeira galega —que agora integra Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)— reforza o seu compromiso coa lingua, coa cultura, coa tradición e coa sociedade galegas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa Fundación Carlos Casares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Membros do lectorado de galego da Universidade de Heidelberg desenvolven unha aplicación móbil para aprender os verbos en galego

Membros do lectorado de galego desta universidade alemá presentaron a aplicación 'O Ximnasio dos Verbos' no marco dun proxecto docente que ten como finalidade axudar a que o alumnado aprenda os verbos (semi)irregulares do galego.

Fonte: Galicia Confidencial

‘O tren que me leva’ segue os pasos de Casares para conmemorar as Letras da man de Renfe e da Xunta

O proxecto de dinamización lingüística "O tren que me leva" segue os pasos de Carlos Casares para conmemorar as Letras Galegas 2017 da man de Renfe Viaxeiros, do Adif e da Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Fundación Carlos Casares, de Leite Noso (Deleite) e da Editorial Galaxia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade da Coruña convoca o seu Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras

Este curso, organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, está dirixido a persoas de fóra de Galicia interesadas na lingua e a cultura galegas. Conta con dous niveis de formación, un elemental (A1-A2) e un intermedio (B1-B2).

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

A convocatoria servirá para cubrir cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos das seguintes universidades: Barcelona, Cork, Deusto, Heidelberg e Miño.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Política Lingüística convoca 10 prazas en lectorados de España, Irlanda, Alemaña, Portugal e Italia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar, por medio de dúas ordes publicadas no Diario Oficial de Galicia, dez prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas noutras tantas universidades integradas na Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder