Destacada

O festival Beatleweek de Liverpool ofrecerá versións dos Beatles en galego por segundo ano consecutivo

O grupo compostelán The Funkles volverá cantar, por segundo ano consecutivo e tralo éxito alcanzado en 2016, os Beatles en galego con motivo do Festival Beatleweek, que se celebra en Liverpool a finais deste mes de agosto.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ofértanse 49 cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios do Celga nas EOI de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a convocatoria dun total de 49 cursos para a mellora das competencias na lingua propia de Galicia, nomeadamente de linguaxe administrativa galega –un total de 14 nas modalidades presencial e en liña, nivel medio e superior– e 35 cursos preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ponse en marcha unha canle educativa en galego a través de YouTube sobre xeoloxía e ciencia

Esta canle educativa, que leva o nome de Xeoclip, foi impulsada por Xacobo de Toro e Adela Otero e xa conseguiu un premio á innovación, o #ProyectaInnovación. A iniciativa consiste en vídeos educativos en lingua galega sobre xeoloxía e ciencia que se poden visualizar en YouTube.

Fonte: Galicia Confidencial

Valentín García participa en Coimbra no panel de expertos ‘Neofalantes e o futuro dos medios galegos’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no panel “Neofalantes e o futuro dos medios galegos: papel dos xornais galegos sostidos por financiamento colectivo na creación de políticas lingüísticas de abaixo arriba”, que se celebrou na Universidade de Coimbra no marco do congreso “Neofalantes nunha Europa multilingüe: políticas e prácticas”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O filme Dhogs, rodado en galego, gaña o premio á mellor longametraxe no Festival de Cinema de Split

O filme galego Dhogs, ópera prima do lucense Andrés Goteira, gañou o premio na categoría de Mellor Longametraxe no Festival de Cinema de Split (Croacia).

Fonte: Faro de Vigo

A exposición ‘Castelao grafista’ leva a Madrid o encontro texto-imaxe na obra do artista rianxeiro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, na sede da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, na inauguración da exposición “Castelao grafista”, organizada pola citada academia, a Fundación MAPFRE e a Fundación Torrente Ballester coa colaboración da Real Academia Galega de Belas Artes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Wisconsin-Milwaukee acolle un simposio sobre o galego e a súa relación co portugués

A Universidade de Wisconsin-Milwaukee acolleu a 6ª edición do Lusophone and Hispanic Linguistics Symposium os pasados 29 e 30 de setembro, un congreso no que se analizaron, entre outros temas, as relacións entre o galego e o portugués.

Fonte: Galicia Confidencial

Xa se pode visitar a primeira exposición pública da historia do Pergamiño Vindel, partida de nacemento da nosa literatura

Baixo o título "Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas", os galegos poderán visitar ata o 4 de marzo de 2018 a que é a primeira exposición pública da historia do Pergamiño Vindel, unha peza única que testemuña o nacemento da nosa literatura. Oito séculos despois da súa creación, o tesouro musical e bibliográfico procedente da Morgan Library regresa a onde naceu, ao expoñerse nunha nova sala do Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

Fonte: Xunta de Galicia

‘A praia dos afogados’ pecha a segunda edición do Redecinema na Laracha

O filme ‘A praia dos afogados’ pecha a segunda edición do programa de dinamización lingüística Redecinema, impulsado pola Consellería de Cultura por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Agadic, no concello coruñés da Laracha, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta conmemorará nas próximas semanas o 30 aniversario do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo

A directora de Turismo, Nava Castro, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron o programa conmemorativo do 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, organizado por Turismo de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder